Medio Ambiente licita o proxecto de mellora de abastecemento de auga da Cañiza

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita por 70.000 euros a redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento do municipo da Cañiza. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se da publicidade a este contrato que conta con fondos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Aberto o prazo de inscrición para o proxecto de Voluntariado Medioambiental e Patrimonial

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas, que xestiona a concelleira Verónica Carrera, vén de abrir o prazo de inscrición para o proxecto de voluntariado xuvenil medioambietal e patrimonial. Por segundo ano consecutivo os participantes nesta iniciativa terán a ocasión de introducirse en temáticas como a conservación dos ríos, adquirir conceptos e prácticas ecolóxicas e, amais, gozar de saídas medioambientais.

Ponteareas presenta á veciñanza o modelo de vila que será no futuro

O Concello de Ponteareas vén de facer un convide a todos os veciños e veciñas á presentación da súa estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” que terá lugar o vindeiro sábado 15 de xullo ás 12 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo. No acto de presentación intervirán o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o responsable da estratexia, Luciano G. Alfaya.

Redondela aposta polo respecto e convivencia entre a veciñanza e as mascotas

Atopar o mellor xeito de convivencia entre as mascotas e os seus propietarios, cos veciños e veciñas que non as posúen, é o fin que persegue unha iniciativa desenvolvida entre as concellerías de Deportes e Medio Ambiente do Concello de Redondela. Unha das últimas accións levadas a cabo tivo lugar esta pasada semana ao longo dunha charla impartida por Luis Montero, adestrador profesional, na que se daban a coñecer técnicas de adestramento para as mascotas o que, segundo o experto, mellor o seu comportamento e, como consecuencia facilita á convivencia coas mesmas.

Salvaterra inicia os pagos das expropiacións para a senda fluvial do Miño

O Concello de Salvaterra de Miño comezou co proceso do pago dos terreos expropiados para a senda que comunicará Salvaterra con Tui, aos máis dos 200 propietarios afectados, a través da convocatoria dos titulares dos bens e dereitos afectados pola Senda que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello. O proceso de pagamento seguirá ata o día 5 de maio.

Suscribirse a este canal RSS