A Deputación subvencionará aos concellos para contratar mestres e mestras composteiros propios

A Deputación de Pontevedra vai subvencionar aos concellos adheridos ao Plan Revitaliza para que, no período 2018-2020, contraten un total de 40 mestras e mestres composteiros no seus planteis municipais para a xestión dos residuos orgánicos baseada na compostaxe. O vicepresidente César Mosquera indicou que “este é un paso decisivo e irreversible polo que o plan de compostaxe non vai ter volta atrás na provincia”.

Salvaterra celebra o Día da Árbore cos máis cativos

O Concello de Salvaterra de Miño conmemora o día da árbore cos mais cativos, desenvolvendo actividades didácticas nos Centros Educativos e no Parque Público A Canuda. As actividades, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente que xestiona a tenente de alcalde Marta Valcárcel, quere servir como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboradas.

A Xunta confirma a presenza de lindano en Ponteareas

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental vén de confirmar ao grupo ecoloxista Adenco, a existencia de terras con lindano en Xinzo. A comunicación da administración autonómica faise logo de que Adenco denunciara o problema ante a Valedora do Pobo e solicitase, de xeito reiterado, información ao Concello e a propia Xunta de Galicia.

Redondela reforza os medios materiais do servizo de limpeza viaria

A Concellería de Vias e Obras do Concello de Redondela, dirixida por Jesús Crespo, vén de reforzar os medios materiais que utiliza o persoal de limpeza viaria, de cara a facilitar o desenvolvemento do seu traballo. A nova maquinaria inclúe tres sopladores e unha desbrozadora que mellorarán e axilizarán o servizo.

Salceda reforza a súa aposta polo medioambiente a través da reciclaxe

O Concello de Salceda de Caselas vén de reafirmar o seu compromiso co medioambiente e a reciclaxe coa instalación de 44 novos colectores amarelos ─para depositar envases─ conseguidos a través do convenio que mantén coa empresa Ecoembes. Os novos colectores contan, ademais, coa serigrafía que indica, de xeito claro, os refugallos que deben e non deben depositarse nos mesmos.

O BNG do Porriño solicita a creación dunha Comisión de Seguimento sobre o lindano

O portavoz do BNG no concello do Porriño, Pedro Pereira, vén de solicitar ao Concello porriñés unha reunión dos portavoces municipais para acordar a constitución dunha Comisión de Seguimento sobre o problema orixinado polo achado de verteduras de lindano, comisión que estaría formada polos grupos municipais, a veciñanza afectada e os técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

Suscribirse a este canal RSS