Nigrán bonifica o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos e a gas

A aposta do Concello de Nigrán polo medioambiente, dista moito de ser unha mera declaración de boas intencións –como por desgraza acontece noutros concellos– senón que é unha filosofía de traballo que dende o pasado mandato desenvolve o executivo de Juan González coa aplicación de medidas concretas, ben estudadas e planificadas. A maiores, e dende o convencemento de que a loita pola conservación medioambiental é de todos e todas, o Concello de Nigrán traballa na concienciación da veciñanza incentivando, como é neste caso concreto, o uso de vehículos híbridos ou eléctricos.

  • Publicado en Nigrán

A loita europea contra a contaminación, comeza en Nigrán

Nigrán, pioneiro nunha chea de cousas, pasará a selo tamén, a nivel europeo, na loita contra a contaminación. O Concello que preside Juan González conta dende esta semana no río Muíños (ao seu paso por Porto do Molle) coa primeira biobarda contra a contaminación de Europa, fabricada pola Asociación do Monte Galego de xeito experimental e co obxectivo de recolectar os residuos flotantes, entre os que destacan os plásticos.

  • Publicado en Nigrán

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas vén de lembrarlle á veciñanza que teñen a súa disposición un servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello para solicitar a recollida do mesmo. O Concello denuncia que, nos últimos tempos, "estánbse a multiplicar os casos de abandono de enseres na vía pública sen notificación previa, dando unha imaxe moi pouco apropiada das rúas da vila".

A Guarda retira da costa 75 sacos de plásticos

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais «O Buxeiro» organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa da Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

O «Fleur de Passion» amarra no Monte Real

O Monte Real Club de Iates acolle estes días nos seus pantaláns ao Fleur de Passión, o veleiro suízo de 33 metros de eslora que durante o últimos catro anos e medio navegou ao redor do planeta replicando a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. O club baionés foi elixido pola Fondation Pacifique (a organización sen ánimo de lucro con sede en Xenebra que lidera a Ocean Mapping Expedition), como escala nas últimas etapas da navegación do veleiro.

  • Publicado en Baiona

Nigrán remata a instalación dos «dispensadores» de cabichas nos areais

O Concello de Nigrán vén de dar por rematada a instalación dos cabicheiros ou "dispensadores" de cabichas nas praias de Patos, Area Fofa, A Madroa, Panxón e Lourido. O obxectivo desta campaña é que as persoas fumadoras "sexan máis conscientes do daño que sufren os nosos areais e noso medio Ambiente si deixamos as “cabichas” soterradas na praia", explican dende o Concello que preside Juan González.

  • Publicado en Nigrán

Éxito de #SanXoanSenLixo, Praia América amence libre de desperdicios

O Concello de Nigrán celebra o éxito da súa primeira campaña municipal de concienciación ambiental #SanXoanSenLixo ao amencer Praia América-Lourido libre de desperdicios, unha imaxe sen precedentes nesta data. Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xenerado, máis dun 90% foi depositado polos usuarios e usuarias nos correspondentes contedores a pé de praia, echéndose por completo as illas de reciclaxe dispostas por vez primeira nas entradas.

  • Publicado en Nigrán

'Coidando o noso mar', a proposta do alumnado do IES Chapela en 'DepoRúARTE'

A vida submarina, baixo o título “Coidando o noso mar”, foi o tema que escolleu o alumnado de 1º da ESO do IES de Chapela, en Redondela, para participar na edición 2019 do programa DepoRúARTE “Pintando alternativas”. A Deputación de Pontevedra volveu impulsar un ano máis este proxecto, que vai xa pola súa cuarta edición, e que se basea na busca do compromiso xuvenil con temáticas relacionadas cos dereitos humanos e a consecución dun mundo máis xusto e igualitario.

Suscribirse a este canal RSS