O 'Anel Verde' do Miño medra cunha nova actuación na Guarda

O convenio de colaboración asinado hoxe para o acondicionamento da praia do Muíño, na Guarda, porta do espazo natural protexido do Esteiro do río Miño e enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consolida un novo treito do denominado 'Anel Verde' do río transfronteirizo formado por rutas galego-portuguesas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. Esta actuación é especialmente importante á hora de recuperar un espazo natural de altísimo valor tanto turístico coma medioambiental.

  • Publicado en A Guarda

A ampliación da EDAR de Ponteareas licitarase neste 2019

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, expresou o seu convencemento de que a ampliación da depuradora de Ponteareas licitarase durante este ano 2019. Despois de meses de negociación entre Concello e Ministerio para a Transición Ecolóxica, o proxecto de ampliación foi contratado en 2018 pola Confederación Hidrográfica. Agora, segundo informa Represas, o proxecto xa foi redactado e entregado e será analizado nas vindeiras semanas polas dúas administracións.

Redondela revalida o premio á reciclaxe activa na Área Metropolitana de Vigo

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo concelleiro Miguel Ángel Álvarez, vén de facilitar os datos de reciclaxe do 2018, unha estatística que, segundo o Concello, "constata a tendencia á alza da reciclaxe na vila". Nos últimos anos, coa implantación do Plan de Reciclaxe e Compostaxe Redondela (2016-2020), o Concello afianza a súa aposta por esta materia. "Os programas de concienciación social e as campañas divulgativas que se poñen en marcha de maneira periódica, tamén axudan a que os datos sexan cada vez máis favorables", sinala o executivo local.

Parlamentarios galegos e europeos visitan Ponteareas para coñecer a problemática ambiental do río Tea

O Grupo Ecoloxista acompañou este mércores a Marcos Cal, parlamentario galego de En Marea, e a Celtia Traviesas, asistente da europarlamentaria de Podemos Estefanía Torres, durante a súa visita a diferentes puntos do río Tea onde nos últimos tempos se realizaron unha serie de obras, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000, ademais de coñecer tamén a problemática da denominada depuradora de Ponteareas.

Tomiño ofrece un servizo de baleirado de fosas sépticas

O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, ofrece á cidadanía o Servizo municipal de Baleirado de Fosas Sépticas, coa finalidade de facilitar o acceso á limpeza de pozos negros e fosas sépticas a todas as vivendas que, pola súa localización, non contan con saneamento. Para intentar axudar as 2.962 vivendas (o 44% dun total de 6.692) que aínda non teñen acceso á rede de saneamento, o devandito servizo comezou a funcionar en febreiro 2017.

  • Publicado en Tomiño

Salvaterra contará coa primeira 'piscina ecolóxica' de Galicia

O Concello de Salvaterra de Miño instalará unha 'piscina ecolóxica' de dimensións olímpicas, de 50 por 25 metros, no río Miño, o que, segundo sinala o Concello, "supón aproximadamente 1.250 metros cadrados de área habilitada para o baño". É, afirman, "a primeira piscina ecolóxica en Galicia, con auga natural, non tratada como en piscinas convencionais que poden producir intolerancias nos bañistas".

Toalliñas e bastonciños provocan atascos na rede de saneamento municipal da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e da Concellería de Servizos, vén de facer un chamamento conxunto a toda a cidadanía para evitar que materiais como as toalliñas desechables e os bastoncillos non cheguen á rede de saneamento municipal, xa que provocan atascos e o deterioro das tubaxes e estacións de bombeo, en detrimento da calidade deste servizo, provocando ademais un impacto negativo no medio ambiente.

  • Publicado en A Guarda

Oia continúa coa campaña de compostaxe doméstica

O Concello de Oia continúa desenvolvendo a súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de xaneiro. O Concello anima á veciñanza a empregar estes dispositivos nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo.

  • Publicado en Oia
Suscribirse a este canal RSS