Preocupación de ADENCO polos lumes forestais das últimas semanas

Logo do lume forestal que a pasada semana arrasou con parte do monte da parroquia de Padróns e que se suma aos acontecidos nas últimas semanas na Comarca do Condado, o grupo ecoloxista ADENCO quere transmitir a súa "enorme preocupación pola vaga de lumes forestais das últimas semanas e polas terribles consecuencias ambientais que experimentaron as áreas afectadas". Os lumes forestais, lembran os ecoloxistas, supoñen unha merma de biodiversidade, "afectando ao solo fértil e a recursos tan relevantes como a auga".

Rematadas as obras de recuperación do Regato da Venda

Os veciñas e as veciñas de Ponteareas xa poden gozar do acondicionamento do río Canedo, máis coñecido como regato da Venda. As obras de recuperación dun tramo de 1,1 quilómetros de lonxitude, que tiña un notable deterioro medioambiental debido á presión urbanística, permitirán unha mellora ostensible na capacidade de drenaxe do río, segundo sinalou o Concello de Ponteareas.

Cincuenta escolares disfrutaron dunha xornada educativa e medioambiental no monte de Pereiras

O CEIP de Atín-Cela e a Comunidade de Montes de Pereiras organizaron unha xornada de convivencia adicada á prantación de árbores en terreos do monte comunal da parroquia de Pereiras, que contou coa colaboración do Concello de Mos. En representación da administración local participou nesta iniciativa a edil responsable da concellería de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón.

  • Publicado en Mos

Sobrevoando a Senda Fluvial do Tea

A senda fluvial do río Tea pode agora ser vista dende as alturas. O Concello de Ponteareas vén de gravar os 12 quilómetros de percorrido pola beira do Tea dende o aire, grazas á utilización dun dron. O vídeo, que se pode visualizar a través dunha ligazón presente na portada da web do Concello de Ponteareas, percorre os municipios de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario.

ADENCO organiza unha ruta pola Senda do Barragán

O próximo domingo 17 de maio, o Grupo Ecoloxista Adenco ten prevista a realización da ruta da Senda do Barragán, un sendeiro de pequeno recorrido, recuperado polas Comunidades de Montes Calvos e Traspielas (Fornelos de Montes) e Moscoso e Xunqueiras (Pazos de Borbén) e visita á explotación ecolóxica de Biochousa.

Baiona crea o primeiro grande observatorio de aves do Val Miñor

Nesta semana entrou en funcionamento o primeiro grande observatorio de aves de Val Miñor e que se vai localizar nunha área recuperada a carón da desembocadura do río Groba, no concello de Baiona, preto da Marisma da Ramallosa. A idea do Concello de Baiona é que esta nova estrutura teña unha dobre función: por unha banda, a de observatorio de aves, e pola outra a de área de lecer, pola sua magnífica ubicación o lado do Río Groba.

  • Publicado en Baiona

Lazoiro, propostas de mellora medioambiental para Salvaterra

A asociación Lazoiro de Salvaterra de Miño, presentou no Concello de Salvaterra máis de 20 propostas de mellora medioambiental do municipio, logo de observar unha serie de actuacións e situacións relacionadas co medioambiente do municipio que, afirman, “consideramos, non só como irregularidades a respecto das leis vixentes, senón de profundo dano cara os nosos arredores naturais”.

Charla-debate sobre a enseada de San Simón

O martes, 14 de abril, o Hostal Antolín de Cesantes, en Redondela, acollerá unha interesante xornada sobre “A enseada de San Simón e a súa evolución no tempo”. A charla será impartida por técnicos de recoñecido prestixio que explicarán, polo miúdo, as actuacións medioambientais que se desenvolveron nesta zona.

O tema é de grande interese para os profesionais do mar aínda que a actividade, totalmente de balde, está aberta á participación de todos aqueles que queiran coñecer máis sobre este tema. A charla está organizada polo Concello de Redondela e Portos de Galicia

Suscribirse a este canal RSS