'Semana pola Memoria' da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña

O pasado venres presentábase, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, a programación da 'II Semana pola Memoria', iniciativa organizada pola comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña. Na presentación destas actividades, que se desenvolverán entre o 6 e o 14 de abril, estiveron presentes representanes dos distintos concellos implicados na programación destas xornadas.

O Centro Social Fuscalho organiza a 'III Homenagem pola Memória' na Guarda

Hai tres anos, no 2016, o Centro Social Fuscalho comezaba unha iniciativa que, baixo o título 'Homenagem pola Memória', buscaba visibilizar a todas as vítimas da dictadura franquista. Nesta terceira edición, búscase poñer "no centro da memoria" a todas as mulleres invisibilizadas que, sinala fuscalho, "pasaron á historia na maioría dos casos como 'mulleres de' e non como Mulleres en maiúsculas, que sofraron a barbarie franquista en todo o seu abano de humillacións e represións".

  • Publicado en A Guarda

A Guarda homenaxeou aos asasinados no campo de concentración de Camposancos

O xoves 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras, xunto co Concello da Guarda, realizou unha homenaxe en memoria das persoas asasinadas no campo de concentración de Camposancos durante a Guerra Civil. O acto de homenaxe, no que participaron preto dun centenar de persoas, tivo lugar na fosa común do cemiterio de Sestás.

  • Publicado en A Guarda

A memoria social e persoal no «IES Antón Alonso Ríos» de Tomiño

O «IES Antón Alonso Ríos» de Tomiño, continúa desenvolvendo actividades encadradas na súa participación no Proxecto Erasmus Mémoire(s) sobre o patrimonio cultural e a memoria histórica dos seis países europeos que conforman esta iniciativa ─Alemania, España, Francia, Grecia, Italia y Portugal─ na que, por terceiro ano consecutivo, participa o instituto tomiñés.

  • Publicado en Tomiño

Eva García cualifica de “infamia” o ataque ao monumento da «Volta da Moura»

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto co alcalde de Salceda, Marcos Besada; o exalcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; responsábeis da «Asociación Levada Libre» e familiares das veciñas e veciños asasinados polo exército franquista, denunciou este xoves o ataque sufrido polo monumento erixido o pasado mes de agosto na «Volta da Moura» para lembrar aos republicanos represaliados días despois do Golpe de 1936.

Nigrán reafirma o seu compromiso co «Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia»

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Nigrán sumouse ao «Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia» cun acto que se celebraba hoxe sábado, 28 de outubro, no Cemiterio Municipal de Parada e no que se honraba a memoria de José Veiro Guisande, represaliado da parroquia de Parada. A lápida de José Veiro foi traducida ao galego polo Concello do beneplácito da familia.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS