Proxección do documental 'Digna Rabia', no ciclo de Cine e Memoria de Nigrán

O Concello de Nigrán continúa mañá venres o 'IV Ciclo de cine e memoria' organizado xunto co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e que leva por título "Represaliadas" ao estar adicado á muller. Así, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal proxectarase o documental 'Digna Rabia', de Victoria Martins e Ángel Rodríguez (a entrada é de balde).

  • Publicado en Nigrán

Máis de 500 persoas visitaron a exposición 'A Nosa Memoria'

Xa nas primeiras horas foron decenas de persoas ás que foron até as Covas de Dona Urraca para ver as fotografías e documentos da época. Na exposición, nas preto de 60 fotografías, podían consultarse listaxes de persoas represaliadas ou asasinadas de Salvaterra, algo que causou un gran impacto entre os visitantes ao descoñecer o elevado número destes casos.

Lazoiro homenaxeará ao alcalde republicano Manuel Mariño nunha exposición adicada á memoria histórica

A asociación Lazoiro organiza, para os vindeiros días 21, 22 e 23 outubro 'A Nosa Memoria', unha exposición nas Covas de Dona Urraca con medio cento de fotografías, documentos e xornais da época relacionados coa memoria histórica da vila, ademais o día 23 haberá un acto homenaxe a Manuel Mariño Méndez, primeiro alcalde constitucional na II República.

Nigrán ten xa un permanente recordatorio aos fusilados da 'volta dos nove'

Nigrán conmemorou onte, por vez primeira, o 80 aniversario do fusilamento dos mariñeiros de Panxón e Baiona na xa coñecida como “Volta dos Nove”, en Baredo. A tráxica morte de nove veciños do Val Miñor, quedou dende onte perpetuada nun monumento instalado no que será o Xardín da Memoria, a carón do Pavillón Municipal. O acto, ao que asistiron familiares dos asasinados e representantes de estudos miñoranos, contou coa participación do grupo nigranés Blue Monk.

Tal e como sinalou o alcalde, Juan Gonzalez, durante o acto, a intención do Concello é que “as familias teñan, dende agora, un lugar digno no municipio onde velar aos fusilados en Baredo, xa que cinco dos asesinados vivían en Panxón, e que tamén sexa o luga de todos os que sufriron a represión”. O alcalde de Nigrán dedicou, na súa faceta de historiador, un capítulo especial do seu libro 'Nigrán. Memoria dunha guerra 1936-1939' a este suceso que marcou para sempre a comarca.

 

O asasinatos destes nove mariñeiros do Val Miñor tivo lugar como vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns republicanos 'Os Ineses' morreron estes e tamén un dos falanxistas. Horas despois os partidarios do golpe de estado colleron a nove veciños detidos na prisión do Frontón, en Vigo, e os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baredo. Durante máis de 40 anos nove cruces apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, aínda que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre voltaron a ser debuxadas. Hoxe o lugar é un espazo para a memoria e as cruces se manteñen, agora impresas, como recordo de todo aquelo que sucedeu..

  • Publicado en Nigrán

O Xardín da Memoria de Nigrán, recordo permanente aos mariñeiros da 'Volta dos nove'

O Concello de Nigrán conmemorará mañá sábado, por vez primeira no municipio, o 80 aniversario do fusilamento dos mariñeiros de Panxón e Baiona na xa coñecida como “Volta dos Nove”, en Baredo. Deste xeito, coincidindo coa data exacta da tráxica morte de nove veciños do Val Miñor, o alcalde inaugurará ás 17.00 horas un xardín da memoria á beira do pavillón municipal.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán conmemorará durante un mes o 80 aniversario da Guerra Civil

O Concello de Nigrán, fiel ao seu compromiso de non esquecer nunca a Historia, comeza a partir deste venres unha programación especial ligada á conmemoración do oitenta aniversario da Guerra Civil española. Será un mes de programación na que se incluirá un ciclo de cine e memoria adicado á muller, un acto especial pola homenaxe aos fusilados na "volta dos nove" ou a visita do escritor e director Javier Rioyo para presentar o seu documental "Extranjeros de sí mismos".

  • Publicado en Nigrán

Ponteareas recuperará a súa memoria a través do Arquivo Histórico de Imaxes

O Goberno local de Ponteareas busca, coa posta en marcha dun Arquivo Histórico de Imaxes, poñer en valor a memoria colectiva, "o legado dos nosos antergos, un patrimonio cultural que chegue as novas xeracións", asegurou a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista. As fotografías, os documentos, as imaxes antigas, en xeral, describen como eran as persoas e o modo de vida de Ponteareas no pasado, "contan a nosa orixe e axudan a comprender do forma obxectiva e crítica os acontecementos pretéritos" engadiu a concelleira.

Suscribirse a este canal RSS