Nigrán troca ao galego a lápida do represaliado de Parada, José Veiro

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Nigrán súmase ao «Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia» e o fará cun acto que terá lugar mañá sábado, ás 12:00 horas no Cemiterio Municipal de Parada no que se honrará ao represaliado José Veiro Guisande unha vez que a súa lápida foi trocada e traducida ao galego polo consistorio co beneplácito da familia.

  • Publicado en Nigrán

«Matriarcas», o martes no Mes da Memoria Histórica de Nigrán

O Concello de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoranos retoman, mañá martes, a programación deste mes adicada á recuperación da memoria histórica coa proxección do documental «Matriarcas» ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Nel amósase a visión feminina do acoso na ditadura a través da testemuña de cinco mulleres, tres delas de Nigrán (Julia Barbosa, Maruxa Cabreira e Marina Iglesias) e que estarán presentes nesta estrea xunto a Montse Fajardo, autora dun libro co mesmo título e temática.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán conmemora mañá «a volta dos nove» cunha ofrenda floral e un concerto

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de outubro de recuperación da memoria histórica, conmemorará este sábado 14, o 81 aniversario da «Volta dos 9» cunha ofrenda floral ás 12:30 horas no xardín da memoria situado diante do Pavillón de Panxón (inaugurado o ano pasado) e ás 13:00 h cun concerto da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia no mesmo lugar.

  • Publicado en Nigrán

Tui acolle a exposición «Rexas, mulleres baixo o terror franquista»

Mañá xoves, 3 de agosto, ás 12 h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica, terá lugar a inauguración da exposición «Rexas. Mulleres baixo o terror franquista», unha mostra promovida polo departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, que busca contar a historia da represión rexistrada en Pontevedra tras o golpe de Estado de 1936 dende o punto de vista das mulleres.

  • Publicado en Tui

Ponteareas acolle, esta fin de semana, as Xornadas para a Recuperación da Memoria Histórica

Ponteareas celebrará dende mañá venres, 25 de novembro e ata o domingo 27, unha serie de actos encamiñados tanto á recuperación da memoria histórica coma en homenaxe aos represaliados e represaliadas polo réxime franquista a partir do golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Dentro dos actos tamén haberá un recoñecemento á última Corporación Municipal democrática da etapa da II República.

A deputación honra, hoxe sábado, aos cargos e funcionariado represaliados en 1936

"Para respectar hai que lembrar, e para reparar hai que coñecer" afirmou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, durante a presentación do acto institucional de Reparación da Memoria Histórica que se celebra, hoxe sábado, no Pazo provincial, coincidindo co día exacto do 80 aniversario do fusilamento en Campañó de dous presidentes e un membro da comisión xestora da Deputación de Pontevedra o12 de novembro de 1936.

Tomiño presenta o sábado o libro 'Daniel Cazado Poceiro. Un alcalde agrarista'

O Concello de Tomiño presenta mañá, 29 de outubro, ás 11.00 horas, o libro “Daniel Calzado Poceiro. Un alcalde agrarista”; obra do goianés Rafael A. Martínez Calzado (Lito Oliveira), con limiar do historiador Bieito Alonso. A presentación da obra, editada polo Concello, será no primeiro andar do Mercado Municipal e contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño e membros da corporación municipal, ademais de persoas convidadas e público en xeral. Bieito Alonso será o encargado, xunto á rexedora local, de presentar o traballo.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS