Ponteareas achega aos máis peques ao Mercado Municipal a través de curso de cociña

A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, colabora con Banastra na promoción da praza de abastos como punto de referencia de produtos frescos e de calidade. A praza de abastos, que conta con aparcamento para a clientela, ofrece proximidade e o asesoramento dos profesionais que están ao frente dos postos, ofrecendo prezos competitivos e unha ampla variedade de produtos.

Sorteo de cinco bolsas de compra para a mocidade no Mercado da Guarda

O mercado da Guarda participa un ano máis na campaña da Xunta de Galicia “Quere o teu mercado” que, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ten como obxectivo apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras. “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.

Ponteareas da a coñecer o primeiro informe técnico de patoloxías do mercado municipal

O alcalde de Ponteareas, Xosé REpresas, a tenente de alcalde, Chus Garrote e a concelleira de Comercio, Inés Vidal, presentaron ás e aos praceiros do mercado municipal o anteproxecto de rexeneración destas instalacións e o dictame técnico sobre o informe de pataloxías, encargados en abril do ano 2018 conscientes da necesidade de potenciar o mercado municipal e das súas carencia estruturais.

Gemma Marqués presentou o proxecto «Anónimas» no Mercado Municipal de Tomiño

O Mercado Municipal de Tomiño acolleu a presentación do proxecto «Anónimas» da artista guardesa Genma Marqués e que da nome á exposición que, ata o vindeiro 11 de marzo, está aberta ao público no Mercado tomiñés. A iniciativa, enmarcada dentro da Axenda de Primavera do Concello de Tomiño, busca visibilizar e pór en valor o papel das mulleres 'correntes' que traballan de forma anónima por un mundo máis igualitario.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño remodela un segundo mercado municipal, na parroquia de Goián

Os veciños e veciñas de Goián, a segunda máis habitada de Tomiño, estreará o vindeiro A 22 de decembro, un mercado renovado e especializado en produtos da terra. Unha nova aposta do Concello de Tomiño que pretende dar un paso mais na defensa dos produtores locais e dos produtos de proximidade.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño desenvolve importantes obras de acondicionamento no Mercado Municipal

O Concello de Tomiño vén de comezar novas obras no Mercado Municipal para o acondicionamento das súas instalacións, motivo que obrigará a pechar o primeiro andar da praza de abastos todas as tardes ata o vindeiro venres 17 de novembro. Estas obras non afectarán ao resto das instalacións na planta baixa, que manterá a súa actividade habitual.

  • Publicado en Tomiño

As Neves aposta pola revitalización do Mercado

Avanzando no plan de posta en valor e revitalización do Mercado Municipal, o Goberno local das Neves vén de anunciar o próximo remate das obras de mellora do edificio que se executaron durante as últimas semanas. Con estas obras quedarán restaurados catro espazos que se pretenden ocupar con emprendedores e emprendedoras que precisen un establecemento no que desenvolver unha actividade económica ou social. Para facilitalo e impulsar ademais o comercio local e a creación de autoemprego, realizarase tamén un curso gratuíto de coworking.

  • Publicado en As Neves
Suscribirse a este canal RSS