A Deputación aposta por "recuperar a seguridade viaria, mobilidade peonil e espazos públicos"

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a xente”.

A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil Tomiño-Cerveira, a estudo pola Comisión Europea

O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N).

  • Publicado en Tomiño

A Deputación comeza o luns as obras de reforma integral da estrada Ponteareas-As Neves

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará este luns as obras de reforma integral de case trece quilómetros da estrada provincial EP-4006 que une Ponteareas e As Neves. Tamén se iniciará a renovación e acondicionamento da EP-5106 Covelo-Barciademera no Concello de Covelo. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación na estrada provincial EP-4006 ten un orzamento de 568.387 euros e foi adxudicada á empresa Covsa.

Mondariz mellora a mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano

O Concello de Mondariz esta a desenvolver as obras denominadas de “Mellora de Mobilidade e Seguridade Viaria na Contorna do Centro Urbano e de equipamentos de Mondariz”, unha actuación coa que o Goberno local da continuidade ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible que permitiu as obras de mellora da seguranza Avenida Grupo Escolar, nas inmediacións do CPI Mondariz.

Salceda aproba o 'I Plan de Mobilidade Sustentable' da provincia de Pontevedra

O Pleno da Corporación do Concello de Salceda aprobou o I Plan de Mobilidade Sustentable cos votos a favor de Movemento Salceda e o PSOE e a abstención do PP. O PMUS redactouse co apoio da Deputación de Pontevedra, que fará unha aportación de 15.000 €, dos 19.965 € que custa o proxecto. Aínda que o documento podía ser aprobado directamente por Decreto de Alcaldía, o Equipo de Goberno considerou importante sometelo á votación do Pleno, para que fose un documento abalado pola totalidade da Corporación Municipal.

Tomiño recolle case 400 propostas para nomear á nova avenida que rodeará o Seixo

Éxito de participación na recollida de ideas para poñerlle nome á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo. O Concello de Tomiño recolleu case 400 propostas durante a primeira fase da campaña ‘Ponlle nome!’, un proceso participativo que invita á cidadanía a colaborar na proposta e elección da denominación desta nova rúa que nace co obxectivo de eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila.

  • Publicado en Tomiño

As Neves mellorará a mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns

O Concello das Neves comezará en breve as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público, e que, coma salienta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “poñerán o acento na mellora da accesibilidade e seguridade vial nos percorridos peonís, tales como vados peonís, pasos de peón elevados e ampliación de beirarrúas”.

  • Publicado en As Neves
Suscribirse a este canal RSS