Mondariz e Mondariz Balneario solicitan unha subvención para un Servizo de Orientación Laboral compartido

Os concellos de Mondariz e Mondariz Balneario veñen de asinar un convenio de colaboración de cara a solicitar da Xunta de Galicia a subvención que lles permita poñer en marcha, de xeito conxunto, un servizo de Orientación e Prospección de Emprego, que posiblite mellorar a capacidade de atopar emprego aos veciños e veciñas de ámbolos dous concellos e, ao mesmo tempo, que serva de guía ás actividades emprendedoras que se queiran establecer na zona.

  • Publicado en Mondariz

O Concello renuncia á recualificación dos xardíns de Mondariz Balneario para fins residenciais

A plataforma cidadá SOS Xardíns de Mondariz Balneario vén felicitar a todos os veciños e veciñas do municipio e da comarca en xeral, polo feito de que o Concello renuncie ao proxecto de modificación puntual do Planeamento Municipal que pretendía, entre outras cousas, recualificar unha parte dos xardíns, que son zona verde protexida, para construír dous edificios de vivendas.

Balneario de Mondariz estrea un campus de verán

Balneario de Mondariz porá en marcha, durante todo o mes de agosto, un campus de verán con iniciación ao golf, xogos na natureza e acuáticos. A iniciativa está aberta a todos os nenos e nenas da comarca con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos e, para participar, non é condición imprescindible estar aloxado no hotel.

Francisco Chivite, a volta dun veterano

Despois de 10 anos Francisco Chivite volta a primeira liña da política local ao ter aceptado a proposta do consello local do Bloque de Mondariz Balneario para encabezar a lista que os nacionalistas presentarán nas eleccións de maio. A proposta foi tratada pola asemblea aberta celebrada este sábado no Pub Yago´s da vila Balnearia. Chivite da así relevo a Alicia Lorenzo, actual portavoz municipal que encabezou a proposta nacionalista nas dúas últimas convocatorias e que con toda probabilidade seguirá ocupando un posto de saída na candidatura que terá tamén unha importante presenza de mocidade.

Suscribirse a este canal RSS