Digna Rivas chama á participación “para acadar unha Redondela cohesionada e de futuro”
A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, Digna Rivas, definiu a xornada electoral de hoxe como “unha auténtica festa da democracia na que, veciños e veciñas, elixen o que consideran mellor para os seus municipios”. Rivas, que aspira a converterse na primeira alcaldesa da historia de Redondela, fixo un chamamento á participación “para acadar unha Redondela cohesionada e de futuro”.
- Publicado en Redondela