Ponteareas poderá substituir baixas sen procesos que retarden a oferta do servizo

O Concello de Ponteareas contará, por primeira vez, cunha listaxe de profesores substitutos para moitas categorías que poderán cubrir de inmediato as baixas que se produzan no conservatorio de música. Este feito permitirá, segundo a concelleira responsable de Ensino, Cristina Fernández, o correcto funcionamento da docencia no conservatorio e garantirá que os alumnos non teñan que perder clases mentres agardan á convocatoria de postos e posterior selección.

ACiP denuncia o incumprimento de acordos plenarios polo Goberno local

A viceportavoz do grupo municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya vén de denunciar o que cualifica como "reiterado incumprimento" dos acordos plenarios presentados polos grupos da oposición e aprobados pola Corporación Municipal, algúns deles, asegura a concelleira independente "apoiados polo propio Goberno".

O PP de Ponteareas asegura que o Goberno obstaculiza o traballo da oposición

O Partido Popular de Ponteareas asegurou hoxe que o Goberno local non está pola labor de facilitar a información que precisan os grupos da oposición, sobre os datos "das diferentes contratacións externas que se veñen efectuando no concello e que, ata o de agora, non existían". A negativa do grupo de Goberno, segundo os populares ponteareáns, amosa "a falta de transparencia" do actual executivo.

PP e ACIP ou como vivir da política en Ponteareas

Abraiado. Isto é o que me pasou recentemente cando lle comentaba a un amigo que acababa de coñecer que eu era de Ponteareas. Podíanlle vir a cabeza múltiples e diversas combinacións para identificar a miña vila; desde o Corpus, pasando pola súa música e músicos ata o Castelo do Sobroso –que, por certo, bastante nos costou como para que hoxe sexa un símbolo da vila–. Pero non, a imaxe que primeiro lle chegou, foi a dun alcalde saíndo pola fiestra da Casa Consistorial e a imaxe dunha policía xudicial asaltando o Concello polas diversas implicacións en casos de corrupción do anterior goberno do Partido Popular. Se hoxe Ponteareas ten unha imaxe afectada é grazas as décadas de goberno clientelar da dereita.

Ana Pontón pon a Tomiño como referente das políticas municipais do BNG

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, colocou ao Concello de Tomiño como “unha referencia” da capacidade do BNG de poñer os gobernos locais ao servizo das persoas e levar adiante proxectos de transformación que redundan en beneficio da calidade de vida da veciñanza. Ana Pontón percorreu, acompañada pola alcaldesa Sandra González, o mercado municipal, a escola de música, a escola infantil ou as actuacións no Espazo Fortaleza.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS