Mos homenaxea a Juan Ferron e ao C.N. Mos pola excelente tempada

A Casa do Concello de Mos foi escenario, na tarde de onte, do acto de recepción a Juan Ferrón, deportista do Club Natación Mos, que participou na World Paralimpic Series de Berlín con excelentes resultados; e aos demais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos –47 en total– pola boa tempada realizada. Ao acto para felicitar aos nadadores/as mosenses asistiron parte dos preto de 50 rapaces integrantes do equipo acompañados das súas familias, membros da directiva do Club; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Deportes, e membros da Corporación Municipal.

  • Publicado en Mos

Brillante papel das nadadoras alevíns do C.N. Ponteareas nos Campionatos de España

O club natacion Ponteareas participou no Campionato de España Alevin cun equipo formado exclusivamente por 4 nadadoras, que acreditaran marcas mínimas para poder participar nesta competición, na que se dan cita as mellores nadadoras e nadadores do panorama nacional, de idades comprendidas entre os 12 e 13 anos. As nadadoras ponteareás conseguían rematar a competición nun extraordinario quinto posto dun total de 117 equipos femininos que participaban nesta importante cita deportiva.

Positivo balance do C.N. Ponteareas nos Campionatos Galegos de Natación

Pontevedra acolleu as probas dos Campionatos Galegos de Natación, unha importante cita deportiva que abarcaba dende a categoría infantil (nadas no 2004 e 205 para as rapazas e no 2003 e 2004 para os rapaces) ata a categoría absoluta. O campionato, en formato de catro xornadas, disputouse na piscina de 50 m da capital da provincia.

O Club Natación Ponteareas ascende á División de Honra da natación galega

O pasado sábado, 18 de abril, a piscina do Real Club Náutico de Vigo acollia a disputa da final da Liga Galega de clubs, cita que outorgaba dúas prazas para participar, na vindeira tempada, na máxima categoría da natación galega: a División de Honra. O máis que meritorio segundo posto acadado polo club ponteareán, permítelle para a vindeira tempada, competir nunha categoría na que se medirán aos seis mellores clubs da natación galega. R.C. Náutico de Vigo, acadaba o primeiro posto e, polo tanto, tamén estará co C.N. Ponteareas na máxima categoría.

Nigrán abre a inscrición da 'IX Travesía a nado Costa Serena'

A IX edición da Travesía a nado Costa Serena-Nigrán abriu o luns 8 de abril as inscricións a través da páxina web www.championchipnorte.com. Esta proba, que se celebrará o 7 de xullo en Praia América, é unha das travesías con maior participación de toda Galicia e espera reunir a máis de 500 nadadores procedentes de todo o noroeste peninsular. A travesía está organizada polo club deportivo Tumetapersonal, Atlantic Extrem Sports e o Concello de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego de Fondo Máster

A piscina de Carballo-Calero no concello coruñés de Carballo acolleu, este domingo, 17 de marzo, as probas do Campionato Galego de Fondo na categoría Máster. O equipo feminino do Club Natación Ponteareas formado por Nuria Mutilba, Marta Abreu, Vero Varela, Clarisa Gesto, Paula González, María Lourdes Melón y María Acuña, volveu a demostrar a súa extraordinaria capacidade competitiva proclamándose Campión Galego.

Pablo Cabana del Amo, do C.N. Ponteareas, Campión de España de 3.000 metros libres

O complexo do Centro Natación Mataró acolleu, o sábado 23 de febreiro, o Campionato de España de Longa Distancia de Natación, unha cita á que acudían os especialistas do fondo e augas abertas nacionais entre elas, olímpicas como María Vilas e Mireia Belmonte. Nesta proba, Pablo Cabana e Andrea Domínguez, do C.N. Ponteareas, tiveron unha máis que salientable actuación.

O equipo feminino do C. N. Ponteareas, campión galego alevín

O Complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, acolleu esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación, no que, durante dous días, os equipos galegos medíanse na primeira proba importante da tempada para a categoría. O C. N. Ponteareas acudía á cita cun equipo formado por 7 integrantes, 2 nadadores e 5 nadadoras que, a pesar do reducido número, amosaron un excelente nivel competitivo.

Suscribirse a este canal RSS