Concelleiros do PP porriñés visitan as obras realizadas no campo da U.D. Atios

Os concelleiros populares Nelson Santos e Ramón Porto, presidente da U.D. Atios, visitaron nesta pasada semana o campo de fútbol 'O Carballo' de Atios, acompañados polos edís M. Alejandro Lorenzo, Iria Lorenzo e Jose Carlos González, para comprobar, unha vez finalizadas as obras, o resultado do proxecto de construción da nova bancada de público.

Este proxecto, segundo explican os populares "aprobado e posto en marcha polo anterior goberno local", contemplaba a construción dunha bancada de 35x7 metros no lateral anterior do campo de fútbol 'O Carballo', incluíndo o movemento de terras, o saneamento e drenaxe, así como traballos de pavimentado e outras melloras.
Nunha segunda fase está prevista a construción de novos vestiarios, ximnasio e salas deportivas nos baixos da devandita bancada.

o carballo01

A obra respondía á demanda do club, que tiña unhas instalacións que resultaban insuficientes para atender a importante afluencia de público que ten o campo, que agora goza dunhas infraestruturas á altura das súas necesidades.

"En Porriño temos un nivel deportivo importante", sinala Nelson Santos, "é a nosa responsabilidade apoiar aos diferentes clubs e dotalos dunhas instalacións dignas onde desenvolver a súa actividade deportiva, algo que foi unha máxima do noso goberno e que seguiremos defendendo"

Nelson Santos e M. Alejandro Lorenzo visitan o campo de fútbol O Carballo

Os concelleiros populares Nelson Santos e M. Alejandro Lorenzo, visitaron esta mañá o campo de fútbol O Carballo de Atios, acompañados polo tamén edil e presidente da U.D. Atios, Ramón Porto, e por José Manuel Fernández, integrante da lista popular por Atios, para comprobar o estado de execución das obras de construción da nova bancada de público.

Nelson Santos pediu en Santiago á ampliación do Centro de Saúde

Os presupostos da Xunta de Galicia para o 2016 incluirán unha partida orzamentaria destinada ás obras de ampliación do Centro de Saúde de Porriño, así o asegurou a conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Rocío Mosquera, na reunión que esta mañá mantivo có alcalde do Porriño, Nelson Santos, e coa concelleira de Sanidade, María José Martínez, no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde no santiagués barrio de San Lázaro.

O Porriño, sede do Campionato de España infantil de Fútbol Sala

O alcalde de Porriño, Nelson Santos; o Concelleiro de Deportes de Porriño, Alejandro Lorenzo; o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán e o Presidente do Subcomité Organizador dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais da RFEF, Gonzalo Azkárate e Gaztelu realizaron no Salón de Plenos do Concello de Porriño o sorteo dos grupos do Campionato de España Infantil de Fútbol Sala que se vai celebrar no municipio porriñes do 13 ao 17 de Maio.

Santos presenta unha candidatura "para dar solución ás necesidades dos porriñeses"

Un total de 27 persoas, 13 mulleres e 14 homes, conforman o equipo co que o actual alcalde de Porriño, Nelson Santos, optará a revalidar a alcaldía o próximo 24 de Maio. O candidato popular, conseguiu reunir entorno ao seu proxecto "un equipo capaz de dar resposta ás inquietudes e necesidades reais dos porriñeses, que conxuga experiencia e xuventude como fórmula de progreso e desenvolvemento, do que me sinto especialmente orgulloso", afirmou.

A lista definitiva parte avalada polos importantes logros conseguidos en Porriño nos últimos anos, trátase "dun equipo con experiencia de goberno que conta nas súas filas con persoas que, como responsables públicos, deron sobradas mostras de solvencia, sensibilidade e compromiso social", explica Nelson Santos. Nunha aposta por dar continuidade ao seu proxecto de goberno, o candidato popular mantén entre os 10 primeiros postos da lista a seis dos concelleiros da actual corporación.

O concelleiro delegado nas áreas de Patrimonio, Canteiras e Servizos Xurídicos, Carlos Martínez, pasa a ocupar un posto destacado na candidatura acompañando o candidato como número 2 da proposta popular. Entre outros aspectos, o avogado Carlos Martínez, levou o peso da negociación que, en termos de organización e licenzas de actividade, logrou regularizar a actividade industrial das canteiras en Porriño.

Seguindo a Martínez na terna inicial encóntrase o actual concelleiro de Emprego e Formación, Deportes e Festexos M. Alejandro Lorenzo. Ségueno María José Martínez (4), Iria Lorenzo (5), Ana María Martínez (7) e Teresa Veloso (9). Aínda que os membros do actual equipo de goberno manteñen o seu peso na candidatura, nos dez primeiros postos incorpóranse tres caras novas. Ramón Porto, empresario e Presidente do Atios CF, ocupa o sexto lugar, José Carlos González, presidente da AAVV As Lagoas de Orbenlle, o oitavo posto da lista, e no décimo posto, Andrés Viéitez, director do CEIP Antonio Palacios de Torneiros.

Continúan a proposta popular Diana Fernández López, veciña de Cans cunha especial implicación cos veciños da súa parroquia, e María del Mar Pumarega, veciña de Porriño, licenciada en Xeografía e Historia que actualmente desenvolve o seu labor profesional como docente.

O candidato popular á alcaldía, Nelson Santos, asegura que conseguiu “perfilar unha candidatura plural, na que todos os sectores sociais de Porriño poidan verse reflectidos”¡, disposta a manter un diálogo permanente cos cidadáns e con todos os colectivos do noso municipio”. Un equipo, explica o candidato popular, formado por persoas de constatada experiencia na xestión municipal e no ámbito empresarial, social, cultural e deportivo "un equipo que xunta capacidade e vocación de servizo".

Santos conseguiu sumar o seu proxecto "a mozos profesionais con gran capacidade de traballo e que chegan ilusionados e con ganas de traballar por e para Porriño". Coñecidos rostros da xuventude porriñesa como André Vázquez, afamado Dj porriñés, José Manuel Estévez Trillo, novo empresario do sector hostaleiro María González Groba, involucrada activamente no ámbito social, e Noemí Veiga, estudante de Dereito, únense a unha lista coa que comparten convicción e ganas de traballar por mellorar o futuro dos veciños de Porriño.

Nun posto de honra, pechando a lista, atópase o que durante 18 anos foi concelleiro do Concello de Porriño, Alfonso Gómez Salgado.

Suscribirse a este canal RSS