Mos homenaxea a Juan Ferron e ao C.N. Mos pola excelente tempada

A Casa do Concello de Mos foi escenario, na tarde de onte, do acto de recepción a Juan Ferrón, deportista do Club Natación Mos, que participou na World Paralimpic Series de Berlín con excelentes resultados; e aos demais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos –47 en total– pola boa tempada realizada. Ao acto para felicitar aos nadadores/as mosenses asistiron parte dos preto de 50 rapaces integrantes do equipo acompañados das súas familias, membros da directiva do Club; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Deportes, e membros da Corporación Municipal.

  • Publicado en Mos

Mos aproba un Plan contra Incendios cunha relación de fincas a limpar polos propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas, informaron hoxe de que o Concello de Mos ven de aprobar un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp. Dito Plan inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas que terán que se limpadas polos seus propietarios ou propietarias.

  • Publicado en Mos

Mos homenaxea a 'Xiramos' polo segundo posto no 'Trofeo Don Quijote'

Os 14 rapaces e rapazas integrantes do grupo 'Dentro del tiempo' do club patinaxe 'Xiramos' de Mos, foron recibidos esta tarde no salón de sesións do Concello de Mos que, con esta recepción, quería recoñecerlles o magnífico traballo realizado no 'Trofeo Don Quijote' onde acadaron o segundo posto. As patinadoras e patinadores estiveron acompañados pola acaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo e demais membros da Corporación Municipal.

  • Publicado en Mos

O alumnado do obradoiro de emprego 'Mos coa Mocidade' recibe os seus diplomas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés de Mos para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Mos coa Mocidade, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

  • Publicado en Mos

Mos adícalle o Pavillón Pena de Francia á atleta Soledad Castro

O Pavillón «Pena de Francia» de Mos leva, dende onte, o nome da atleta María Soledad Castro Soliño, en recoñecemento dos logros deportivos desta mosense que comezaba a súa andaina deportiva nun equipo de fútbol feminino de Tameiga, e pasándose aos 19 anos ao atletismo. A día de hoxe, no seu palmarés figuran camiponatos galegos e de España en campo a través, 3.000 e 10.000 metros e media maratón especialidade esta na que, no 2017, proclamábase campioa do mundo W-50 na cidade coreana de Daegu.

  • Publicado en Mos

Mos inicia o seu plan anual contra a Velutina

O Concello de Mos vén de anunciar a posta en marcha do plan contra a Vespa Velutina. Así o informou hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen explicou que a administración local mosense terá a disposición da veciñanza a un traballador encargado da eliminación de niños, para o que se adquiriu unha escopeta de aire comprimido. Os veciños que precisen dos seus servizos poderán demandalos telefónicamente chamando ao departamento municipal de Medio Ambiente ao número 986 09 70 37.

  • Publicado en Mos

Feijóo visita a escola infantil «Trastes» da Asociación de Empresarios de Mos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, vistou hoxe a escola infantil «Trastes» da Asociación de Empresarios de Mos á que o presidente puxo como exemplo do traballo “man a man” entre empresas, concellos e Administración autonómica, para xuntos, facilitar a conciliación, seguir creando recursos de atención á infancia e dar apoio económico ás familias que queren ter fillos; “para poñer, en definitiva, todas as facilidades económicas, fiscais e urbanísticas á disposición destes obxectivos”, dixo.

  • Publicado en Mos

Mos, contra o cancro

Hoxe luns día 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, a directiva da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Xunta Local de Mos, encabezada pola súa presidenta, Magdalena Domínguez Castro, organizou ao longo unha exposición na entrada do Centro de Saúde do Rebullón, no concello de Mos. Durante a xornada matinal repartiron tamén, entre os veciños e veciñas que asistiron a consulta ao seu médico de familia, información sobre o funcionamento da Asociación.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS