A Asociación Costa dos Castros presenta en Oia a súa programación para o 2016

A asociación Costa dos Castros presentou onte venres 22 de abril no Centro Cultural de Pedornes (Oia) a programación para 2016. No acto participaron Manuel Ángel Pombal, vicepresidente da Asociación Costa dos Castros; Guadalupe Jiménez-Esquinas representando ao Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC; Javier Calvo, concelleiro de Sanidade en Oia e Xosé Gago, coordinador do proxecto.

  • Publicado en Oia

Máis de 230 participantes no II Desafío Oia–Marqués de Vizhoja

Máis de 230 corredores déronse cita onte domingo no Mosteiro de Oia, para non só desafíar á climatoloxía senón tamén á dureza da segunda edición do xa renombrado trail Desafío Oia-Marqués de Vizhoja. Por diante máis de 25 km de percorrido cuns 1.600 m de desnivel positivo acumulado.

  • Publicado en Oia

Concello de Oia traballa para adaptar o PXOM á nova Lei do Solo

 A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa de cara a tratar temas relativos á adaptación do PXOM, actualmente en trámite, á nova Lei do Solo de Galicia. E o segundo encontro que manten a rexedora municipal de cara a acadar a colaboración técnica precisa na redacción do novo PXOM, que conta unha achega económica, por parte da administración autonómica, de preto dos 130.000 euros.

  • Publicado en Oia

Oia estreará Centro de Saúde o luns 21 de marzo

O luns día 21 de marzo, entrará en funcionamento o novo centro de saúde que o Servizo Galego de Saúde ven de contruír no Concello de Oia. Neste novo edificio sanitario, cofinanciado con fondos FEDER, a administración galega realizou un investimento de máis dun millón de euros euros e, segundo sinala a Consellería de Sanidade, enmárcase na Estratexia do Sergas de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

  • Publicado en Oia

Aberta a inscrición para o trail 'II DesafíOia-Marqués de Vizhoja'

O Club Cornelios xa está a poñer a punto os carreiros dos montes de Oia para todos os corredores que acepten o desafío da tempada: o II DesafíoOia-Marqués de Vizhoja. O reto non é nada doado xa que consiste nun percorrido de 24 km e máis de 1.400 m de desnivel acumulado superando, nalgunhas zonas o 45% de desnivel. A dureza, non obstante, se verá recompensada grazas á beleza das paraxes polos que transcorrerá.

  • Publicado en Oia
Suscribirse a este canal RSS