O 'V Trail-Andaina Desafío de Oia' 2019 bate récord de participación

Os sempre espectaculares montes de Oia acolleron este domingo a disputa do  'V Trail-Andaina Desafío de Oia' que este ano, e con 588 deportistas inscritos, batía récord de participación. A diferenza de anteriores anos nos que a choiva e o frío foron protagonistas, nesta quinta edición a proba disputouse baixo un sol de xustiza, circunstancia pouco frecuente dadas as datas nas que andamos. O evento organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios consolídase, logo de cinco anos, como uns dos Trail de referencia.

  • Publicado en Oia

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido, Mougás

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás. No encontro informarase sobre o proxecto e as afeccións a fincas particulares. As persoas propietarias tamén poderán preguntar dúbidas relativas á cesión de terreos así como outras cuestións técnicas.

  • Publicado en Oia

Corenta cinco mozas e mozos participarán no intercambio cultural Oia–Oiã

Un total de 45 mozos e mozas participarán no III Intercambio Cultural entre o concello de Oia e a freguesía portuguesa de Oiã, pertencente ao municipio de Oliveira do Bairro, unha iniciativa que se desenvolve dentro do irmandamento existente entre as dúas localidades. Os participantes, alumnado dos cursos 5º e 6º de primaria dos colexios Mestre Manuel García e Refoxos (Oia) e da Escola Básica Dr. Fernando Peixinho (Oiã), gozarán dunha programación de actividades destinada a coñecer a cultura do seu pobo irmá.

  • Publicado en Oia

Oia abre a inscrición para o curso de coidados psicosociais básicos do alzhéimer

O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para un curso gratuíto de coidados psicosociais básicos na enfermidade de alzhéimer. A actividade desenvolverase nos meses de marzo e abril e será impartida por Cruz Vermella do Baixo Miño. O Concello inclúe esta formación dentro da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Oia

Estúdase a creación dunha réplica do petroglifo de Auga dos Cebros de Oia

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Pedornes e a Asociación Costa dos Castros manteñen contactos con vistas a desenvolver unha nova actuación en Auga dos Cebros, neste caso para poder elaborar unha réplica deste singular petróglifo do concello de Oia. 

  • Publicado en Oia

Boa acollida en Oia do servizo de comunicación de incidencias polo móbil

A plataforma Línea Verde está a ter unha boa acollida por parte da veciñanza de Oia, que desde finais do pasado ano pode empregar este servizo para comunicar incidencias ao Concello directamente a través do móbil. Segundo os datos recompilados polo propio servizo Línea Verde, as incidencias que máis se teñen comunicado son as relativas a alumeado, seguidas das de beirarrúas e calzadas, as relacionadas coa vespa velutina (avespa asiática) e cos animais abandonados.

  • Publicado en Oia

Nova rolda de entrevistas para a segunda parte do documental 'Memorias de Oia'

O Concello de Oia comeza unha nova rolda de entrevistas a persoas maiores de municipio para elaborar a segunda parte do documental 'Memorias de Oia', unha recompilación de vivencias e experiencias sobre a historia recente do municipio contadas pola propia veciñanza. A iniciativa consiste en localizar e entrevistar a veciños e veciñas maiores para gravalos en vídeo e así reunir as súas testemuñas orais sobre como era a vida nos seus tempos mozos: os traballos e oficios, as dificultades do día a día, as festas, costumes e tradicións, así como anécdotas e outros datos de interese.

  • Publicado en Oia
Suscribirse a este canal RSS