Carmela Silva visita as obras da Praza da Paradela de Gondomar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitaron hoxe as obras de humanización e rehabilitación da Praza da Paradela. “É un orgullo visitar esta praza, que está sendo recuperada para devolvela á xente. Estamos recuperando un espazo público para que as persoas volvan ser donas del e para que os vehículos deixen de ser os protagonistas. Recuperamos un novo espazo que acollerá á veciñanza de Gondomar e transformará por completo todo o centro da vila”, explicou Silva.

Digna Rivas asiste á presentación do mural do IES Auga da Laxe de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asistiu na mañá de hoxe a presentación do mural «Homenaxe ao Guernica» realizado polo alumnado de segundo de bacharelato do IES Auga da Laxe e realizado ao abeiro do DepoRúARTE. Pintando alternativas da Deputación de Pontevedra. Un total de 14 alumnos e alunmas elixiron unha parede na que había unha mostra dun “Guernica” de autor descoñecido, polo que a razón de escoller esta temática foi darlle continuidade á obra preexistente.

  • Publicado en Gondomar

Xunta e Concello de Gondomar tratan sobre o transporte metropolitano

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, recibiron hoxe ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e aos representantes da Asemblea Veciñal por un Transporte Digno, que reclaman a incorporación do municipio ao Plan de Transporte Metropolitano.

  • Publicado en Gondomar

Manifesto Miñor lamenta que Ferreira "torpedease" o traballo do concelleiro de Urbanismo

O urbanismo en Gondomar está como o tempo: ardendo. O alcalde, o socialista paco Ferreira, sinalaba nestes días na prensa escrita que "haberá un cambio na área de Urbanismo" para evitar "máis atrasos" se ben evitaba entrar na profundidade deses cambios. As declaracións foron cualificadas por Manifesto Miñor (MM), socios de Goberno do PSOE, como "desafortunadas" e aseguraba que eran "froito do nerviosismo político que lle produce a proximidade electoral".

Digna Rivas reivindica a implicación da mocidade na erradicación das violencias machistas

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, participaron este mércores na Praza do Concello de Gondomar na décimo cuarta intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

O deputado David Regades supervisa o recen reformado parque da Coelleira en Gondomar

O deputado de cooperación municipal, David Regades, visitou hoxe xunto ao alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, o renovado Parque da Coelleira unha vez rematadas as obras para as que o concello recibiu achegas por valor de 135.181,82 euros, correspondentes ao Plan Concellos 2016 que, en total, supuxo para a vila do Val Miñor un 24% máis que no 2015.

  • Publicado en Gondomar

Nigrán agarda que a senda peonil A Ramallosa-Gondomar mellore a seguridade viaria

O alcalde de Nigrán, Juan González, valorou onte o proxecto de senda peonil e ciclista de A Ramallosa a Gondomar na presentación oficial do proxecto da Xunta no Centro de Saúde da Xunqueira. O rexedor agarda que supoña unha mellora en seguridade para tódolos usuarios da estrada. "Valoramos que a Xunta recollera parte das nosas alegacións, pero seguiremos reclamando que se arranxen as beirarrúas da marxe esquerda da Avenida de Portugal, que están inservibles e non se contempla tocalas", sinala o alcalde.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS