O Rosal comeza a dar forma á verdadeira participación veciñal

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proxecto co que se pretende "fomentar e practicar" unha participación veciñal real e efectiva. A  iniciativa, que se desenvolverá baixo o nome de 'A veciñanza conta' busca que as veciñas e veciños sexan parte activa na xestión municipal.

  • Publicado en O Rosal

Salceda abre á participación veciñal o Plan de Mobilidade Sustentable

A veciñanza de Salceda, poderá expresar a súa opinión sobre o I Plan de Mobilidade Sustentable, a través dunha enquisa anónima, vía internet, na que poderán expresar as súas inquedanzas e reflectir as súas propostas como residentes. A enquisa forma parte do proceso de elaboración deste Plan, logo das xuntanzas mantidas con colectivos, asociacións e partidios políticos.

As Neves recolle achegas para veciñais para o Plan de Igualdade Municipal

O Concello das Neves manterá aberto, ata o vindeiro 2 de febreiro, o prazo presentación de propostas para a elaboración do Plan de Igualdade Municipal 2016-2019, que ten como obxectivo a introdución nas actuacións e xestións do Concello, o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación entre mulleres e homes. As achegas poderán enviarse a través do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en escrito dirixido á Concellería da Muller do Concello das Neves.

  • Publicado en As Neves

EU consegue que se reinicie o Regulamento de Participación para que sexa "realmente participativo"

O Pleno Municipal de Ponteareas do pasado 17 de xaneiro, apoiou por unanimidade a proposta de EU-son de aprobar o Borrador de Regulamento de Participación Cidadá de Ponteareas consensuado entre todos os grupos da Corporación Municipal e iniciar o proceso de debate do mesmo coa veciñanza de Ponteareas, respectando as Normas para a súa elaboración, propostas por EU-son e aprobadas no Pleno de setembro de 2015. Lino Costas, que defendeu a proposta, asegurou que o proceso de elaboración do documento cos colectivos non se axustaba ao aprobado polo Pleno.

O Concello de Ponteareas ultima o Regulamento de Participación

O Concello de Ponteareas manterá unha xuntanza, o vindeiro 9 de novembro ás 20 hm con colectivos sociais, culturais, veciñais e deportivos, amais das forzas políticas, de cara a ultimar o Regulamento de Participación co que se pretende, asegura a concelleira de Participación Cidadá, Cristina Fernández, "que a participación, tanto individual coma colectiva, camiñe cara o recoñecemento pleno dos veciños e das veciñas como suxeitos de dereitos e non simples beneficiarios e beneficiarias de prestacións e servizos”.

Suscribirse a este canal RSS