O Paseo da Corredoira será peonil nas fins de semana de verán

O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto. A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto. Deste xeito os sábados dende ás 14 h e ata o domingo ás 00 h non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais.

  • Publicado en Tui

O XI Rally Cidade de Vigo achegarase a Tui este sábado

 Preto de 40 coches clásicos participantes no XI Rally Cidade de Vigo, estacionarán no Paseo da Corredoira de Tui este sábado a partir das 17,45 horas. A proba, organizada pola Escudería Vigo Clásicos, contará con vehículos dunha antigüidade superior a 25 anos, sendo limitada a aqueles fabricados entre os anos 45 e 74, así como algúns permitidos entre os anos 75 e 80. Entre eles, o rallie contará con coches como os MG A, Porsche 911, Porsche 356, Renault Alpine A110, Austin Cooper S, Sumbeam Alpine, Morgan 4/4 e Seat 600 Abarth.

  • Publicado en Tui

Tui celebra este domingo a II Feira de San Carnaval no Paseo da Corredoira

O Paseo da Corredoira de Tui acolle este domingo, 19 de marzo, de 10:30 h a 21 h a II Feira San Carnaval, que foi adiada o pasado día 5 pola choiva. Está organizada polo Concello de Tui coa colaboración de Ppartmin Creativas con carácter solidario a beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño e a protectora de animais de Tui Aloia. Na mesma participarán máis de 80 postos de artesanía, antigüidades, produtos ecolóxicos, sobremesas, coiro, bixutería, segunda man...

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS