Mos tramita unha axuda para a posta en valor de tres xacementos arqueolóxicos

Os concelleiros mosenses de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e Patrimonio, Camilo Augusto, visitaron onte xunto cun técnico de Patrimonio da Xunta de Galicia e outro municipal, e acompañados por membros da Comunidade de Montes de Louredo, cinco xacementos arqueolóxicos na devandita parroquia de Louredo. Ditos xacementos foron o Petroglifo do Monte Salgueirón, o Petroglifo de San Antoíño, a Pedra das Cruces, o Penedo da Alarma e a Mámoa do Alto do Marco.

  • Publicado en Mos

Adenco, o Valedor do Pobo, a Xunta e a destrución do Castro da Croa

Por terceira vez, o Valedor do Pobo vén de requirir información á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia sobre os avances no expediente que este departamento abriu a partir dos impactos provocados no castro da Croa polas obras da senda do Tea, en outono do 2013.

O PSdeG Redondela denuncia o abandono do grupo escultórico na honra de Jules Verne

O grupo municipal socialista, vén de facer pública a súa denuncia sobre o estado de abandono no que se atopa o grupo escultórico na hora da novela “20.000 leguas de viaje submarino” de Jules Verne e ve relacionado o pouco mantemento deste monumento coa limpeza dos cruceiros no que o PSOE cualifica de “unha intención do Partido Popular de esquecemento da nosa cultura”.

Visita guiada ao cemiterio municipal de Ponteareas

A Concellería de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo, que dirixe a edil Hortensia Bautista, a través da Biblioteca e o Museo Municipal de Ponteareas e dentro do programa de verán “Coñece Ponteareas”, vén de organizar unha visita guiada ao Cemiterio municipal de Ponteareas que terá lugar o xoves, día 6 de agosto, saíndo ás 19:30 h desde a Casa do Concello de Ponteareas.

Hoxe á tarde, ruta urbana "Coñece Ponteareas"

A Concellería de Cultura do concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, vén de organizar para hoxe xoves, ás 20:00 horas e con saída dende a Biblioteca Pública Municipal, unha ruta urbana polo casco vello da vila que se desenvolve baixo o nome de “Coñece Ponteareas”. A actividade permitirá que os asistentes poidan coñecer máis polo miúdo a historia dalgúns dos edificios emblemáticos situados no eido máis urbano da vila do Tea.

AER solicita a posta en valor do Cruceiro da Ponte das Pasais

AER, vén de instar ao goberno local de Redondela a que tome "as medidas oportunas" para a posta en valor e conservación do do Cruceiro da Ponte das Pasais. A Agrupación de Electores de Redondela fai esta petición logo de terrecibido comunicacións de veciños e asociacións culturais acerca do estado no que se atopa o susodito cruceiro e o perigo que corre.

Suscribirse a este canal RSS