Nigrán localiza nun anticuario de New York o emblemático mosaico romano de Panxón

O goberno de Nigrán iniciou esta semana os trámites para recuperar o emblemático mosaico romano de Panxón despois de localizalo nun gran anticuario de New York tras case dúas décadas en paradeiro descoñecido. A peza, dun metro cadrado e embutida nunha mesa, está á venda e ten un valor patrimonial incalculable porque se conserva intacta e representa maxistralmente fauna mariña na que destaca un colosal peixe de 77 cm (un muxo) e unha parella de ameixas.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda segue apostando pola posta en valor do seu patrimonio histórico e monumental

A Guarda ven de instalar 15 paneis informativos con fotografías e informacións de interese sobre monumentos e fitos históricos da vila grazas a unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, unha actuación que supón unha nova aposta polo traballo que o Concello desenvolve de cara a poñer en valor todo o seu potencial histórico e monumental.

  • Publicado en A Guarda

Nigrán inicia o empedrado da rúa Igrexa en Chandebrito

O Concelllo de Nigrán iniciou esta semana as obras para empedrar mediante lastras a rúa Igrexa, situada no núcleo de Chandebrito e pavimentada ata agora en aglomerado asfáltico xa moi deteriorado. Os traballos, a cargo de Sitexca 2016 e cun orzamento de 60.350 € a cargo do Plan Concellos da Deputación, suporán non só unha mellora no mantemento e conservación do firme, se non unha posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo sen dúbida nunha gran mellora paisaxística.

  • Publicado en Nigrán

Salceda aproba o seu inventario de bens por valor de 26 millóns de euros

O Pleno da Corporación de Salceda de Caselas aprobou, cos votos a favor de MS e PSOE e en contra do PP, o Inventario Municipal de Bens, que lle recoñece propiedades ao Concello por un valor de 25.960.825,95 €. O documento, sinala o alcalde de Salceda, Marcos Besada, "resulta fundamental para a correcta xestión do patrimonio público" O documento certifica a existencia de 1.222 bens inmobles, 3 dereitos reais, 19 mobles especiais, 18 vehículos e 1.234 obxectos de mobiliario, que se procederán a inscribir no Rexistro da Propiedade.

O nome de Ponteareas significa «A Ponte do Ouro»?

Comezamos ano con algo que semella interesante e moi pouco coñecido, o significado do topónimo Ponteareas. Claramente a base do asunto, e a antiga Ponte dos Remedios que cruza o Río Tea, medieval de posible orixe romana, pero temos varias hipóteses sobre a mesma ponte. Descartemos totalmente o mito de Ponte Arenas, referido a “area” que non ten pes nin cabeza.

O PP de Tui avoga polo consenso na rehabilitación do Teatro Principal

O Partido Popular de Tui vén de sinalar que a rehabilitación do Teatro Principal da cidade fronteiriza esixe "un acordo plenario que teña o apoio unánime do tódolos grupos municipais co fin de poñer en valor este símbolo da cultura tudense e desterrar a actual imaxe do edificio na paisaxe do noso Conxunto Histórico". A adquisición do Teatro Principal por parte do Concello de Tui mediante acordo unánime do pleno da corporación municipal á Fundación Teatro Principal, "implica que este inmoble pasa a ser de titularidade municipal e polo tanto unha responsabilidade de todos".

  • Publicado en Tui

O PP denuncia o "abandono" en que se atopa a 'Fonte do Baratillo'

A colisión dun vehículo cunha das fontes máis emblemáticas de Ponteareas, a 'Fonte do Baratillo' provocou o desprazamento da varanta perimetral de granito. Os populares, a través da súa portavoz e candidata a alcaldía, Belén Villar, veñen de pedir ao Goberno local a súa urxente reparación, mentres que, fontes do Concello, sinalan que "se está á espera do correspondente permiso de Patrimonio" ao tratarse dun ben inventariado como Ben do Patrimonio Cultural de Ponteareas.

Suscribirse a este canal RSS