Proxección de «Vigo 1972» no auditorio «Lois Tobío» de Gondomar

O auditorio municipal «Lois Tobío» de Gondomar acolle, este vindeiro sábado 19 de maio ás 19 horas, a proxección do documental «Vigo 1972», unha produción que narra a folga xeral de 15 días que converteu á comarca de Vigo no centro de atención a nivel estatal e europeo, poñendo en xaque ao réxime franquista e contribuíndo, significativamente, ao desgaste e fin do mesmo.

O PCG de Ponteareas lamenta a "contraprogramación" de eventos no 1º de maio

A Agrupación Local do Partido Comunista de Galicia amosou o seu malestar polo que cualifica de "contraprogramación de eventos paralelos" que se van celebrar o día 1 de Maio, unha xornada que, ao entender do PCG, debe ser aproveitado "para recordar a necesidade da loita polos nosos dereitos sempre amenazados polo capital: traballo e salario dignos, igualdade real e non discriminación sexual nin racial, dereito á saúde, á protección e á prevención, á educación e á formación e a prestacións sociais dignas empezando polas persoas dependentes. Dereito a unha sociedade digna e protexida".

Ponteareas acolle, o venres, unha conferencia sobre o TTIP

Este venres, día 18, na Biblioteca municipal, ás 20:00 terá lugar unha conferencia sobre o TTIP a cargo de J.Luis Outes Ruso, catedrático de economía da Universidade de Vigo. O Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP) é un acordo comercial entre a Unión Europea e EEUU que pretende equiparar as normativas de ambos lados do océano.

Suscribirse a este canal RSS