Tui peonaliza definitivamente a zona de intramuros no conxunto histórico

 A zona de intramuros do conxunto historico de Tui é peonil de forma permanente todos os días da semana. O equipo de goberno de Tui vén de aplicar o Plan de Peonalización de xeito definitivo tras unha primeira fase experimental que se levou a cabo ao longo de catro fins de semana. Esta medida marcará un punto de inflexión na conservación, posta en valor e promoción desta zona da cidade declarada Ben de Interese Cultural no ano 1968, e que atesoura un importante valor cultural e patrimonial.

  • Publicado en Tui

Última fin de semana das probas da peonalización do conxunto histórico de Tui

Esta é a última fin de semana da fase de proba do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui que se puxo en marcha o 2 de xuño. Nesta primeira fase aplícase dende os venres ás 16 h até os luns ás 8 h. A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16 h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.

  • Publicado en Tui

Tui porá en marcha, antes de fin de ano, a peonalización do conxuntos histórico

Antes de que remate este ano o Concello de Tui poñerá en marcha, e de xeito gradual, a peonalización do conxunto histórico de Tui. No departamento de Urbanismo estanse a tramitar os máis de 200 expedientes dos veciños que solicitaron o acceso a esta zona da cidade. En concreto estase a completar a documentación que faltaba nalgúns casos e a comprobar cada unhas das solicitudes presentadas.

  • Publicado en Tui

EU Ponteareas aposta pola consulta sobre o uso peonil da Praza Maior

O concelleiro de EU no concello de Ponteareas, Lino Costas, expresou no Pleno de onte, o seu desacordo "coa forma de impoñer as novas restricións ao tráfico da Concellería de Seguridade, nas Rúas Esperanza e Oriente e na Praza maior" e amosou a necesidade de realizar unha consulta sobre o uso peonil da zona. Lino Costas salientou, amais, que a situación "precisaba un debate previo" ou polo menos, un período mínimo dun mes, "durante o que se informara da nova situación de xeito claro e sinxelo antes de proceder a multar ás persoas infractoras, e non despois".

O Goberno de Ponteareas consegue aprobar, no Pleno, todas as súas propostas

O Goberno local de Ponteareas BNG-PSOE-ARdT, conseguiu sacar adiante todos as súas iniciativas no na sesión ordinaria do pleno celebrado onte, 19 de xullo. O executivo local foi quen de aprobar o convenio urbanístico coa Comunidade de Montes Veciñais de Xinzo, un acordo que segundo o Goberno que preside Xosé Represas, "permitirá ao Concello mellorar os terreos propiedade da Comunidade de Montes Veciñais para uso público".

Xosé Represas: “Non hai ningunha previsión de ampliar a peonalización a outras zonas”

O alcalde de Ponteareas Xosé Represas, asegurou hoxe que as medidas que se adoptaron por parte do Concello en canto á restrición da circulación de tráfico rodado nas rúas Oriente e Esperanza e a Praza Maior, máis que tratarse dunha peonalización, trátase de “poñer un pouco de orden nunha zona que estaba regulada por sinais totalmente contraditorias, asegurando e facilitando o acceso a comerciantes e residentes”.

Veciños do centro urbano de Ponteareas colocan pancartas en contra da peonalización

A recén creada plataforma 'Ponteareas collemos todos' formada por veciños, empresarios e comerciantes afectados polas medidas de peonalización adoptadas polo Goberno local, veñen de colocar diversas "pancartas informativas", segundo sinala a propia Plataforma, na que se poden ler frases como 'Ponteareas, Centro Comercial Abierto', 'Plazas, parque y calles, espacios de convivencia', 'Sin barreras al comercio, como fue siempre' o 'Fortaleza de Valença, modelo de convivencia'.

Suscribirse a este canal RSS