Arbo busca 2 socorristas para a tempada estival

O Concello de Arbo oferta dúas prazas para o Servizo de Socorrismo estando proxima a tempada estival nas piscinas municipais de Arbo. O contrato da actuación terá unha duración de 2 meses, cunha xornada diaria a tempo parcial (75%), baixo a modalidade contractual de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. Para máis información consultar as Bases na paxina web do Concello de Arbo

 

  • Publicado en Arbo

Salvaterra contará coa primeira 'piscina ecolóxica' de Galicia

O Concello de Salvaterra de Miño instalará unha 'piscina ecolóxica' de dimensións olímpicas, de 50 por 25 metros, no río Miño, o que, segundo sinala o Concello, "supón aproximadamente 1.250 metros cadrados de área habilitada para o baño". É, afirman, "a primeira piscina ecolóxica en Galicia, con auga natural, non tratada como en piscinas convencionais que poden producir intolerancias nos bañistas".

Arbo finaliza as obras de acondicionamento das súas piscinas municipais

O Concello de Arbo deu por rematadas as obras de melloras e adecuación das piscinas municipais e o seu recinto. Unhas actuacións adxudicadas por 79.482 euros e que incluen unha pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada. Esta executouse cunha pendente mínima cara ao viario e está delimitada con bolardos para evitar que sexa invadida polos automóbiles.

  • Publicado en Arbo

A piscina de Chapela ten novas taquillas e un equipo de TRX no ximnasio

As novas taquillas substitúen ás anteriores que se atopaban moi deterioradas xa que o material non era o idoneo para ambientes húmidos. As novas taquillas son fenólicas e teñen cerre por moneda para garantir a seguridade dos usuarios. As novas taquillas instaláronse en todos os vestiarios. Foron adquiridas polo concello con cargo a fondos propios por importe de 20.800 euros.

O Pavillón Óscar Pereiro e a Piscina de Mos reabren o luns

O Concello de Mos está a ultimar detalles das obras de mellora integral das instalacións deportivas do Pavillón Óscar Pereiro que albergan a Piscina Municipal. Os traballos, segundo confirma o Concello, están xa rematados e as dependencias prácticamente listas para a súa reapertura ó público o vindeiro luns, 18 de setembro.

  • Publicado en Mos

A piscina municipal de Redondela xa ten grúa para persoas con problemas de mobilidade

A piscina municipal conta xa cunha grúa eléctrica que permitirá a utilización desta instalación para as persoas con mobilidade reducida. Esta pasada semana remataban os traballos de instalación desta grúa, cuxo modelo corresponde ao solicitado no informe da terapeuta ocupacional do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade de Redondela da Consellería de Traballo e Benestar, no que detallaba un modelo específico que se adapta ás necesidades dos usuarios de cadeiras de rodas con graves problemas de mobilidade.

A piscina de Mondariz pecha tempada cuns excelentes resultados

A piscina municipal de Mondariz vén de pechar unha magnífica tempada que destacou tanto polo elevado número de usuarios e usuarias, coma pola grande participación nas actividades que se desenvolveron ao longo do verán nesta instalación municipal. Máis de 3.500 persoas utilizaron nos meses de verán a piscina de Mondariz, tanto para gozar das instalacións nun verán caracterizado polas altas temperaturas, como para participar nos cursos de natación, organizados polo Concello, e que foron seguidos por un elevado número de veciños e veciñas.

  • Publicado en Mondariz

AER afirma que o Goberno redondelán "ten enterrada" a comisión da piscina de Chapela

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, asegura que o Goberno local de redondela vén de enterrar a comisión de investigación sobre a piscina de Chapela, unha actitude que AER considera de falta de respecto aos colectivos sociais desta parroquia redondelá que solicitaron a creación da comisión de investigación, nunha moción presentada a través de AER no Pleno do Concello no ano 2012.

Suscribirse a este canal RSS