Mos reabre a piscina de San Eleuterio con motivo da tempada estival

O concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, anunciou hoxe que mañá, mércores 15 de xuño, abrirá as súas portas ó público a Piscina Municipal ó aire libre de San Eleuterio. Estas instalacións constan de dous vasos, un grande e un pequeno, destinado este último ó uso e desfrute dos cativos de menor idade. A piscina permanecerá aberta ao público durante un período total de tres meses: dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

  • Publicado en Mos

Tomiño, Vila Nova da Cerveira e unha piscina con vocación transfronteiriza

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, presentan a reapertura da piscina cerveirense con vocación transfronteiriza. Hai que ter en conta que máis do 60% dos usuarios da piscina son galegos, boa parte tomiñeses, e que son unha peza fundamental para que a instalación municipal sexa sostible orzamentariamente. A piscina reabrirá o vindeiro luns 9 de novembro e as inscricións poderán xestionarse dende as dependencias municipais do Concello de Tomiño. Ambos concellos están a estudiar formas de transporte entre municipios.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS