Salceda solicita á Xunta un Plan de Emprego que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. A alcaldesa accidental e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón expresou a súa confianza en que a Xunta "atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello, xa que é un programa integral de formación, prácticas e inserción laboral".

Arranca o sexto Plan de Emprego en Redondela

O alcalde de Redondela, Javier Bas xunto coa concelleira de Benestar Social, María del Carmen Amoedo asistirou hoxe ao inicio do VI Plan de Emprego do Concello de Redondela. O cumprimento dos obxetivos que establecen as bases destes plans posibilita que a Xunta de Galicia acepte a solicitude deste concello dende o primeiro plan. “Os resultados avalían as políticas de emprego iniciadas xa hai 5 anos polo noso equipo de goberno, xa que os datos do paro de setembro mostran que Redondela trátase do municipio con menor tasa de paro de todos os que forman a Área Metropolitana de Vigo”, afirmou Carmen Amoedo

Suscribirse a este canal RSS