Alumnado do IES Terra de Turonio achegan a compostaxe á veciñanza de Gondomar

Os rapaces e rapazas de cuarto da ESO do 'IES Terra de Turonio' están a traballar para achegar a compostaxe á veciñanza de Gondomar da man do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Nesta semana realizaron unha feira relacionada coas diferentes materias do instituto e un dos postos estaba destinado a informar a todas as persoas que por alí pasaban, entre elas, compañeiras do IES, pais e nais, profesores e público en xeral, sobre o que hai que facer para compostar o lixo orgánico: os restos de comida e vexetais.

Éxito do Centro de Compostaxe Comunitaria da Casa da Xuventude das Neves

O novo centro de compostaxe comunitaria situado á beira da Casa da Xuventude de As Neves xa funciona a pleno rendemento. Persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra esta pasada semana, con motivo da súa posta en marcha, unha charla informativa entre a veciñanza da zona para explicar o funcionamento e como achegar o lixo orgánico.

Escolares do CEP Altamira de Salceda, implícanse na compostaxe

O CEP Altamira de Salceda de Caselas está decidido a ter alumnos e alumnas expertos en compostaxe. Na xornada de onte e o vindeiro día 14 deste mes escolares de 6º de Primaria recibirán varias charlas informativas sobre como é o proceso polo que se produce o compost e tamén cales son os seus usos para fertilizar as prantas e o solo dos montes e dos xardíns.

O Plan Revitaliza reparte media tonelada de compost entre a veciñanza de Mondariz

Persoal técnico e mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra instalaron hoxe unha carpa informativa na Praza de España de Mondariz e repartiron preto de media tonelada de compost producido no centro de compostaxe comunitaria situado na Praza da Ovella para dar a coñecer as vantaxes da compostaxe entre a veciñanza. O centro de compostaxe comunitaria do que se obtivo o compost dá servizo aos edificios da rúa Rampa de Merouces, a carón do Concello, dende o 25 de febreiro deste ano.

Novo reparto de compost en Salceda de Caselas

O parque Raíña Aragonta de Salceda de Caselas acolleu este martes 18 de setembro, un novo reparto de compost que tivo lugar nunha carpa que se instalará para este fin. Veciñas e veciños achegáronse entre as 16:30 h e as 19:30 horas para recoller o compost que se está a producir nos catro centros de compostaxe comunitario que hai instalados no concello.

Novos composteiros da Deputación para Mondariz e Mondariz Balneario

A Deputación de Pontevedra procedeu o pasado venres e onte sábado, ao reparto de novos composteiros individuais nos nos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario, iniciativa que se desenvolvía ao abeiro do «Plan Revitaliza» co obxectivo de que toda a veciñanza dos dous municipios poida tratar os seus restos orgánicos (residuos de cociña e de xardín) mediante a compostaxe antes de finais de ano.

Mondariz, un dos primeiros concellos en aplicar a compostaxe para a xestión do lixo

A veciñanza de Mondariz respondeu con éxito ao primeiro reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Na mañá de hoxe entregáronse 60 composteiros a outras tantas familias da vila, que os instalarán nas súas fincas para tratar os seus biorresiduos «in situ» en lugar de botalos no colector verde e contribuír así ao novo modelo de xestión de residuos que pretende implantar o Concello.

Suscribirse a este canal RSS