Ramón Vilar Landeira, «Un peixe no parqué»

«Un peixe no parque» é unha novela que semella non querer chegar a tal categoría, coma se se conformase con non pasar de ser un libro de relatos con algunhas conexións entre si. Sei que tal descripción pode parecer un pouco absurda, pero o certo é que entronca perfectamente coa forma e o fondo deste texto, malia que para entendelo quizais sexa convinte afondar un pouco máis nas súas páxinas.

Redondela homenaxea a Rosalía de Castro

Como cada ano, e cumplindo co acordo plenario segundo o cal Redondela celebra o aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro, o Concello programa para o día 23 de febreiro ás 12 horas unha homenanaxe, que terá lugar na Alameda que leva o seu nome, situada no centro de Chapela.

Escolares de Baiona protagonizan a inauguración dun poema visual de David Fernández Rivera

Hoxe ás 11:30 h, Baiona acolleu a inauguración do poema visual «Infinito» do poeta vigués David Fernández Rivera na fachada do multiusos Ángel Bedriñana, na rúa Carabela Pinta; unha actividade organizada pola Concellería de Educación do Concello de Baiona, enmarcada dentro do Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra e que contou coa colaboración de G.A.G. Plataformas para a instalación do poema.

  • Publicado en Baiona

A Deputación oferta obradoiros de poesía e mar en tres puntos da provincia

‘Poesía e Mar’ é o título xenérico do ciclo de obradoiros que oferta a Deputación, en colaboración coa AELG, e que terán lugar en tres concellos da provincia co obxectivo, segundo explicou esta mañá Xosé Leal, “de estender esta iniciativa polo territorio utilizando o mar como nexo común, para o que escollemos tres concellos correspondentes ás tres rías que temos na provincia”.

  • Publicado en Baiona

Festival da Poesia no Condado... trinta e dous anos non son nada

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado traerá ao recinto amurallado de Salvaterra de Miño, o día 1 de setembro, unha nova edición do Festival da Poesía no Condado e o fai baixo o lema «Que nom te silenciem», acertado xa que, con esta edición do 2018, cúmprense trinta e dous anos desta festa da reinvindicación e da palabra.

Diego Ameixeiras, «A crueldade de abril»

«A crueldade de abril» é a proba palpable de que tamén na sordidez e na violencia podemos atopar poesía. Non nos confundamos, non é un poemario, senón unha novela, pero está traballada de tal maneira que o lirismo supura en cada páxina para revestir a nosa propia crueldade e, quizais, facérnola un pouco máis dixerible.

Alfonso Pexegueiro abre a colección «Creadores Ponteareáns»

«Blasfemias de Silencio (de Seraogna aos Balcáns)» do ponteareán Alfonso Pexegueiro, pasará xa a historia da literatura local como primeiro libro da colección, esperemos que ampla porque material hai dabondo, «Creadores ponteareáns», unha excelente iniciativa da Concellería de Cultura que xestiona a nacionalista Hortensia Bautista. A concelleira, acompañada do alcalde Xosé Represas, foron os encargados de presentar o libro nun acto celebrado na Sala de Conferencias do Auditorio de Ponteareas.

Suscribirse a este canal RSS