Silva e Mosquera presentan o novo goberno provincial

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente provincial César Mosquera, informaron o venres, en rolda de prensa, da composición e estrutura do novo goberno provincial, coa distribución de áreas, así como das deputadas e deputados que integrarán a Xunta de Goberno. Tal e como destacou Silva, a distribución responde aos catro “grandes obxectivos” do novo mandato que se vertebrará arredor da transición ecolóxica, da igualdade e do respecto á diversidade, dos dereitos da cidadanía e da cultura e desenvolvemento.

O BNG presenta unha candidatura cualificada profesional e academicamente con experiencia política e social

O candidato á alcaldía de Ponteareas polo BNG e actual alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, fixo pública hoxe a relación dos once primeiros postos da candidatura ás eleccións municipais. Ademais do propio Represas que a encabeza, e do segundo e terceiro posto ocupados pola actual edil de Educación, Cristina Fernández, e polo avogado Roberto Mera, a lista continua con Verónica Carrera (Pías) diplomada en educación social e actual concelleira de Benestar Social no goberno local.

O PSOE da provincia da a coñecer o seu decálogo de políticas sociais

“As políticas sociais son a base das e dos socialistas, o noso sinal de identidade”, explicaba o secretario xeral da provincia, David Regades. De aí que o PSdG da provincia veña de avanzar as súas propostas programáticas de cara as próximas eleccións municipais vencelladas á cohesión e á xustiza social. Unhas propostas que quedan agrupadas nun decálogo coa vista posta na súa implantación nos municipios onde haxa gobernos progresistas.

Jose Luis González deixa a súa adicación no Concello de Salceda por motivos laborais

Jose Luis González, que ata o de agora viña exercendo como concelleiro nas áreas de réxime interior, economía, facenda, persoal, tráfico e seguridade, deixará de exercer ditas función a partires do vindeiro martes 16 de outubro, aínda que seguirá ostentando o seu cargo de concelleiro, agora xa sen áreas ao seu cargo. O cambio prodúcese por motivos laborais, xa que o concelleiro foi reclamado pola súa empresa, da que está en excedencia, para ser reincorporado ao seu posto polo incremento da carga de traballo.

Belén Villar, proclamada presidenta do PP de Ponteareas nun auditorio cheo

O Partido Popular de Ponteareas renovou onte a súa presidencia elixindo, por primeira vez na súa historia, a unha muller para ese cargo. A nova presidenta, Belén Villar González, foi elixida por aclamación cun respaldo total dos afiliados. Villar, no seu discurso tivo palabras de agradecemento para os presidentes que a antecederon e manifestou, tras ser proclamada que “a partir de hoxe o partido toma un impulso que me toca dirixir ao meu pero que non poderei materializar sen a vosa axuda”.

AporM seguirá a traballar para sacar adiante os retos que Mondariz ten pendentes

Alternativa por Mondariz, tras o anuncio do PSOE de abandonar o Goberno, quixo agradecerlles aos socialistas o tempo compartido ao mesmo tempo que lamentou que a pesar dos “múltiples intentos de negociación”, non se puidese chegar a un acordo final. O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, expresou a súa intención de seguir na mesma liña “de traballo e responsabilidade” de cara a poder sacar adiante “os retos que Mondariz ten pendentes nesta lexislatura e os proxectos que temos enriba da mesa e que buscan a modernización e o progreso do municipio”.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS