AporM acusa ao goberno de Mondariz de "falta de transparencia"

Alternativa por Mondariz, a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais e que quedou fóra do Goberno "por unha non explicada aínda manobra política pola que o PP lle deu á alcaldía ao BNG", considera que a cidadanía “ten dereito a coñecer o contido do pacto entre os nacionalistas e o PSOE, a que compromisos chegaron ámbalas dúas forzas política"s e de que xeito, estes compromisos, “van repercutir na xestión do Concello e, polo tanto, na vida dos veciños e veciñas do municipio”.

O PP reparte as tarefas "para fiscalizar ao goberno local"

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas mantivo unha reunión para repartir "o traballo de fiscalización" e propostas entre os cinco concelleiros que están a representar ao PP no consistorio de Ponteareas. A portavocía mantena Belén Villar, quen tamén será a responsable de fiscalizar ao goberno e facer propostas en materia económica, de emprego e servizos básicos.

PSdeG-PSOE e AER acadan un acordo de Goberno para os vindeiros catro anos

O PSdG e a Agrupación de Electores de Redondela, AER, asinaron na tarde do martes o acordo polo que se conforma o goberno local para os vindeiros catro anos. Deste xeito, Redondela contará cun goberno inédito ata o de agora. Por unha banda, os socialistas recuperan a Alcaldía do cuarto municipio da provincia tras oito anos de goberno en minoría do Partido Popular. Para AER o fito é aínda maior xa que accede ao goberno por primeira vez na súa historia.

O BNG decide manterse á marxe do goberno de Redondela

A noitiña do xoves pasado, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela debateu a postura a tomar ante a conformación dun novo goberno municipal, debate que tivo lugar no que, fontes nacionalistas, cualificaron de  "intensa e moi productiva Asemblea con numerosas intervencións" e na que se adoptou a decisión de manterse á marxe da conformación do novo goberno municipal, "e seguir traballando con responsabilidade dende a oposición”.

A Guarda distribúe as competencias do novo goberno local

O novo salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu, este venres 28 de xuño, a sesión plenaria Extraordinaria na que se daba conta do Decreto de Alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias para esta nova lexislatura. As delegacións de competencias comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura de tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.

A política local 'Con Voz de Muller'

Por vez primeira o PSdeG-PSOE de Pontevedra promoveu hoxe un acto no que fixo gala da forza feminina progresista coa que o partido concorre nas vindeiras eleccións municipais. Baixo o título 'A política local con Voz de Muller' as e os socialistas pontevedreses reuniron no Salón José Peña de Cambados a máis de 300 persoas que serviu para presentar ás candidatas ás alcaldías que concorren na provincia que representan un 44% do total das candidaturas que o PSdeG-PSOE de Pontevedra presenta.

Ciudadanos presenta o seu grupo local de Ponteareas

O Centro Artístico Sportivo de Ponteareas acolleu, o pasado sábado ás 20 horas, a presentación do grupo local de Ciudadanos en Ponteareas, grupo que se suma aos xa existentes en toda Galicia e que se enmarca "dentro do plan de expansión e implantación da formación laranxa" sinalan dende Cs. Ponteareas engádese aos máis de 60 concellos de Galicia que xa contan con agrupacións locais desta formación.

César Gil, candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario

O BNG vén de designar a César Gil como candidato á alcaldía en Mondariz Balneario. O nomeamento decidiuse nunha concorrida asemblea celebrada nos pasados días, na que se debateu sobre a actualidade e o futuro da localidade. O actual Portavoz Municipal dos nacionalistas no concello balneario, logrou a confianza e o apoio unánime dos asistentes para encabezar por primeira vez a canduidatura do Bloque neste municipio.

Suscribirse a este canal RSS