A IVª Feira do Pan aspira a converter Porriño na capital galega do pan

O salón de plenos do Concello do Porriño foi hoxe testigo da presentación da IVª Feira do Pan do Porriño. A presidenta de ACIPOR, Juana Pérez Rodríguez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e as 8 panaderías participantes na Feira, presentaron a programación da Feria que esta ano amplía un día e se celebrará o sábado 1 de Xuño e o domingo 2 de Xuño.

Concentración de repulsa polos sucesos de Torneiros

A Alcaldesa de Porriño, os concelleiros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da Corporación Local encabezaron a concentración de repudia polos sucesos de Torneiros e para mostrar o apoio de Concello de Porriño ás familias de xitanos zamoranos. Representantes das familias de xitanos zamoranos, entre eles, familiares directos dos feridos, tamén acudiron e participaron na concentración.

“Porriño Accede” consegue un convenio entre con “Maier Ferroplast” para fomentar a incorporación laboral

Dende o pasado xaneiro, ó longo dos cinco meses transcurridos, o programa “Porriño Accede” que se desenrola por terceiro ano consecutivo, fomentou a incorporación ó mercado de traballo en empresas da cidade e da bisbarra. Segundo o balanzo feito pola Concellería de Emprego, 65 foron as persoas seleccionadas para recibir formación das cales 26 firmaron xa un contrato de traballo no que leva de ano e outras 19 realizan prácticas durante o mes de maio con expectativas de inserción, en distintas empresas do Porriño.

Porriño lidera a baixada do paro na provincia de Pontevedra

O Porriño liderou en setembro a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo e, xunto con Vila de Cruces, a baixada do paro, non so na provincia de Pontevedra, senón en toda Galicia. A finais do mes pasado había na vila 1.654 persoas desempregadas, unha realidade que non se vía dende hai case unha década. Dacordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a taxa de desemprego situouse no Porriño no 18%, o que supón seis puntos menos que no inicio do actual mandato municipal.

Catro mortos e medio cento de ferridos ao descarrilar un tren en Porriño

Catro motos  e medio centenar de persoas resultaron feridas na mañá deste venres tras descarrilar un tren de pasaxeiros  no termo municipal do Porriño (Pontevedra). Segundo os primeiros datos facilitados por Renfe, o sinistro tivo lugar sobre as 9,30 horas. Entre os falecidos atópase o maquinista do convoy coñecido como Tren Celta. 14 feridos foron trasladados a Povisa, outros nove a Fátima, catro ao Centro de Saúde de Porriño e os outros permanecen ingresados no Alvaro Cunquiero.

Suscribirse a este canal RSS