Éxito de #SanXoanSenLixo, Praia América amence libre de desperdicios

O Concello de Nigrán celebra o éxito da súa primeira campaña municipal de concienciación ambiental #SanXoanSenLixo ao amencer Praia América-Lourido libre de desperdicios, unha imaxe sen precedentes nesta data. Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xenerado, máis dun 90% foi depositado polos usuarios e usuarias nos correspondentes contedores a pé de praia, echéndose por completo as illas de reciclaxe dispostas por vez primeira nas entradas.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán renova as xadiñeiras dos paseos de Praia América e Panxón

O Concello de Nigrán ven de renovar as 16 xardineiras tipo 'paellera' situadas no paseo de Praia América e Panxón. Tódalas macetas presentaban o rego automático estropeado imposibilitando con elo a supervivencia das plantas, polo que foi reparado. Ademais, plantouse en cada unha un loureiro de copa redonda e tres arbustos coprosma.

  • Publicado en Nigrán

Expediente sancionador da Xunta a Nigrán por «infracción moi grave contra a saúde pública»

A Xunta de Galicia vén de confirmar a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Nigrán polos episodios de contaminación rexistrados en Praia América e dos que non se informou á poboación mediante carteis informativos na zona de baño, tal e como se lle requiriu. Este incumprimento está recollido na lei de Saúde de Galicia como unha falla moi grave, que pode ser sancionada con multas que oscilan entre os 3.005,7 e os 15.025,30 euros.

  • Publicado en Nigrán

Hakuna Matata, de «Troula Animación», o domingo en Praia América

 O circo máis tolo de «Troula Animación», Hakuna Matata, chega este domingo a Praia América (no entorno da 'Fonte Seca' dende as 17.00 horas) para entreter aos máis pequenos. O espectáculo, deseñado como un pasarrúas, forma parte do programa Cultura no Camiño e consta de animais de fantasía xigantes, zancudos e un ciclista.

  • Publicado en Nigrán

A Xunta denuncia que o Concello non informou da contaminación de Praia América

A Xunta vén de denunciar que o Concello de Nigrán "non informou a poboación dos episodios de contaminación rexistrados estes días en Praia América". Segundo a administración autonómica, con data de 9 de agosto envióuselle un escrito "advertindo ao alcalde da obrigatoriedade de informar a poboación do estado das augas, mediante carteis informativos na zona de baño".

  • Publicado en Nigrán

Nigrán reforza a seguridade nos areais de Praia América e Panxón

O Concello de Nigrán vén de reafirmarse na súa aposta por mellorar a seguridade das súas praias coa adquisición, neste mes de xullo, de dúas novas táboas de rescate inchables, que se suman a outra mercada o ano pasado, co obxectivo de dispor delas nos postos de socorrismo dos tres areais con bandeira azul no municipio: Patos, Panxón e Praia América. O Goberno local quere así reforzar a calidad asistencial e tamén preventiva nas principáis praias de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

Consternación en Mondariz polo falecemento de Felix Blanco

Mondariz espertou hoxe de loito polo pasamento, no día de onte, de Félix Blanco, de 45 anos de idade e veciño da parroquia de Lougares que morría a consecuencia dunha parada cardiorespiratoria cando se estaba bañando en Praia América, no concello de Nigrán. Entre as causas do falecemento barállase a posibilidade dun infarto.

Suscribirse a este canal RSS