Mondariz premia a conservación e rehabilitación da súa arquitectura tradicional

O Concello de Mondariz entregou, o venres día 26, os galardóns correspondentes á primeira edición do Premio Mondariz á Conservación e Rehabilitación Arquitectónica, unha iniciativa coa que o concello mondaricense busca a protección e posta en valor do seu patrimonio arquitectónico. O proxecto Cantaruxa Maruxa de Vilasobroso, na modalidade de Rehabilitación, e unha casa do barrio de Outerelo (Lougares) na modalidade de Conservación, foron as galardonadas neste primeiro certame.

Os Premios Nacionais de Vela recoñecen o compromiso de Abanca coa vela base

ABANCA foi distinguida este ano co Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor patrocinador polo seu compromiso coa vela de base a través do apoio que presta a numerosas escolas de vela, clubs, organizacións e empresas relacionadas coa actividade náutica. O xurado que outorga os galardóns quixo recoñecer con este premio o traballo que o banco con sede en Galicia realiza para impulsar a vela e permitir que miles de nenos poidan iniciarse cada ano na práctica deste deporte.

  • Publicado en Baiona

Rats on Fire e Rayco Tabares, Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

O Rats on Fire do armador catalán Rafael Carbonell e o regatista canario Rayco Tabares serán recoñecidos o próximo mes de setembro en Baiona cos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda ao mellor barco e patrón do ano. Os prestixiosos galardóns, que o Monte Real Club de Iates entrega desde hai 24 anos coincidindo coa celebración do seu histórico Trofeo Príncipe de Asturias, distinguen a aquelas persoas e institucións que ao longo do ano destacaron polos seus valores humanos e deportivos, así como polo seu traballo a favor do mundo da vela.

  • Publicado en Baiona

A Deputación entrega os Premios Provinciais á Investigación 2015

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, entregou esta mañá os Premios Provinciais á Investigación 2015 aos gañadores e gañadoras desta edición. No acto de entrega de premios aproveitou animar aos presentes seguir investigando e trasladoulles os parabéns pola calidade de todos os traballos. Ademais do deputado, tamén estiveron presentes Carlos Valle, en calidade de membro do xurado, e Antonio Santos, xefe do Servizo de Cultura.

A Corporación aproba, por unanimidade, os cinco galardoados cos 'Premios Nigrán 2016'

Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, IES Val Miñor, Pirotecnia Argimiro Alborés, Nacho' Fernández e Tapería Jose foron elixidos, por unanimidade da Corporación Municipal de Nigrán, como receptores dos Premios Nigrán 2016 nas súas distintas categorías. A gala de entrega dos galardóns, na súa quinta edición, celebrarase o sábado 14 de maio ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán

  • Publicado en Nigrán

ACIPOR entrega os cheques aos premiados na campaña de Nadal

A presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea”, Juana Pérez Rodríguez, entregou 25 cheques de 60 euros, aos consumidores premiados na campaña de Nadal que os comerciantes porriñeses puxeron en marcha de cara a premiar aos consumidores que, nesas datas, realizaron as súas compras nos establecementos adheridos ao CCA Morea.

Suscribirse a este canal RSS