Mos aproba un Plan contra Incendios cunha relación de fincas a limpar polos propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas, informaron hoxe de que o Concello de Mos ven de aprobar un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp. Dito Plan inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas que terán que se limpadas polos seus propietarios ou propietarias.

  • Publicado en Mos

Redondela traballa no Plan Municipal de Prevención e Defensa de lumes forestais 2019-2021

A alcalde de Redondela, Javier Bas presidiu onte xoves, 13 de setembro, a reunión para a redacción do Plan Municipal de Prevención e Defensa de incendios forestais, xuntanza na que tamén estaban presentes a concelleira de Urbanismo, Carmen Amoedo, técnicos municipais de Urbanismo e Medio Ambiente e as técnicas contratadas polo Concello para a redacción de dito Plan.

Ponteareas da un paso máis na prevención dos incendios forestais

O Concello de Ponteareas engadirase ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP (Federación Galega de Municipios) e SEAGA, en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, o cinturón vexetal que se atopa máis preto das vivendas e dos núcleos habitados.

Nigrán pecha mañá o prazo de candidaturas para a brigada de extinción de lumes

O Concello de Nigrán pecha este xoves 16 de agosto o prazo de presentación de candidaturas para a selección dun capataz e catro peóns que integrarán a primeira brigada de prevención e extinción de incendios do municipio. O periodo do contrato é de 3 meses e o salario de 1.712,15 € e 1.608,43 €. Os interesados dispoñen de toda a información na http://sede.nigran.org e a presentación de solicitudes debe facerse no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

Baiona acolle unha campaña para ensinar aos bañistas a previr afogamentos

A praia de Santa Marta, en Baiona, é hoxe ─como tamén foi onte─ escenario da campaña de prevención de afogamentos que veñen de poñer en marcha a Fundación Mapfer e Bandeira Azul en Pontevedra. Bañarse acompañado, mollarse antes de entrar, respectar as indicacións dos socorristas, evitar a exposición prolongada ao sol e as comidas abundantes antes do baño son algunhas das recomendacións que nenos e maiores aprenderán este verán, nestes talleres de prevención e primeiros auxilios.

  • Publicado en Baiona

Campaña de prevención entre as persoas usuarias de teleasistencia pola vaga de calor

O goberno de Carmela Silva vén de activar unha campaña informativa para previr os efectos da vaga de calor entre as 578 persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra. En liñas xerais, o obxectivo de esta actuación é informar sobre os efectos das altas temperaturas sobre a saúde, achegar consellos útiles para afrontar mellor a situación e prestar un seguimento diario das persoas máis vulnerables que poidan precisar maior atención mentres dure a vaga de calor.

Tomiño engádese á campaña «Toma medidas» de prevención de lumes forestais

O Concello de Tomiño está a desenvolver, como medida de prevención de incendios forestais, unha labor de control sobre os terreos de núcleo rural do municipio, máis faixas de xestión secundaria da biomasa. Con este fin, informa á veciñanza das distintas normativas existentes nas administracións, no relacionado, sobre todo, coa limpeza de fincas para a prevención de incendios ou obrigas de xestión da biomasa.

  • Publicado en Tomiño

Nigrán reforza as medidas contra incendios en todo o municipio

O Concello de Nigrán e a concesionaria de abastecemento Aqualia están a finalizar a instalación dun total de 15 hidrantes ou bocas de incendio en todo o municipio para o uso dos bombeiros en caso de lume, o que supón un investimento de 13.000 €. Trátase dunha columna que fornece gran cantidade de auga en moi pouco tempo, permitindo a conexión de mangueiras e equipos de loita contra incendios, así como o enchido das cisternas de auga dos bombeiros.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS