Concello e AEMOS formalizan a concesión demanial do viveiro de empresas da Veigadaña

A alcaldesa en funcións de Mos, Nidia Arévalo; a Secretaria Municipal e o presidente da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), Manuel Castro, asinaron na mañá de hoxe no salón de sesións do Concello o documento de formalización de concesión demanial do edificio municipal para viveiro de empresas construído no Polígono Industrial da Veigadaña.

  • Publicado en Mos

A promoción de emprego, en Mos, non pecha por vacacións

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron hoxe de que a semana do 25 ó 31 de xullo terá lugar no Pazo de Mos un encontro sobre iniciativas locais e emprendemento social. Con esta iniciativa, ademais de fomentar as políticas activas de emprego, a administración local mosense pretende promocionar o Pazo de Mos por toda a provincia de Pontevedra e incluso toda Galicia como un enclave perfecto para a organización e celebración de actividades de todo tipo.

  • Publicado en Mos

Ponteareas destinará 350.000 euros a fomento do emprego en 2016

O alcalde de Ponteareas Xosé Represas adiantou que os orzamentos de 2016 destinarán uns 350.000 euros a medidas de fomento do emprego e inserción laboral. O rexedor local tamén salientou que, nos vindeiros anos, é a intención do Goberno local seguir incrementando as partidas orzamentarias destinadas a fomentar o emprego.

Suscribirse a este canal RSS