O PSOE acusa ao acalde de rexeitar un camión de bombeiros

O Partido Socialista de Ponteareas vén de cualificar de “lamentable” a actuación de Salvador González Solla no tema da doación por parte do Concello de Vigo, dun camión para o Servizo de Bombeiros de Ponteareas. Os socialistas ponteareáns aseguran que o alcalde “utiliza os servizos públicos dos ponteareáns para publicitarse en plena precampaña electoral”.

Chus Garrote reta aos demais candidatos a un debate público

Chus Garrote, candidata do PSdeG-PSOE, asegurou hoxe durante o acto de presentación da súa candidatura, que se trata dunha lista “nova, formada e preparada”. Na súa intervención expuxo un programa político baseado na creación de emprego e no desenvolvemento de políticas sociais que apoien aos máis desfavorecidos.

Chus Garrote aposta polo diálogo directo cos cidadáns

O PSOE de Ponteareas presentou oficialmente a “Oficina da Candidata de Atención ó Cidadán” que abriu as portas na Praza Maior. Chus Garrote quere estar á disposición dos veciños e veciñas de Ponteareas para dialogar con eles, escoitalos e atender as súas demandas. Pretende con esta oficina a pe de rúa, estar en cercana e en contacto directo cos cidadáns, sen barreiras, sen intermediarios.

Un PSOE renovado para Redondela

O PsdeGPSOE de Redondela confeccionou para as vindeiras eleccións municipais do 25 de maio unha lista electoral completamente renovada e cunha importante presenza de membros procedentes das Xuventudes Socialistas de Redondela. Deste xeito, a idade media das 21 persoas redúcese ós 36 anos e ata nove integrantes da lista teñen trinta anos ou menos.

Suscribirse a este canal RSS