Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.

  • Publicado en Tui

O mércores arranca en Tui a edición "máis diversa e ambiciosa" do Play-Doc

O próximo mércores, 13 de abril, comeza o Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que no acto de presentación foi cualificado como "o máis diverso en ambicioso" de todos cantos se celebraron ata agora. Dende o mércores 13 de abril ata o domingo 17 Play-Doc proxectará un total de 45 filmes xunto a outras actividades paralelas coma concertos, clases maxistrais, debates,...

  • Publicado en Tui

Tui acolleu parte da gravación do documental “De Rosendo a Rosendo"

“De Rosendo a Rosendo” é o título do documental encargado pola Embaixada de España en Australia para promocionar a figura de España e que ao tempo servirá para promocionar Tui e a Nova Nursia. Esta gravación audiovisual toma coma punto de partida a viaxe de Rosendo Salvado a Australia e retrata ao tempo a figura de Rosendo Salvado plasmando a Tui, a súa cidade natal, e a Roma, o lugar onde faleceu.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS