O Pleno de Mondariz da luz verde á RPT

O Goberno local de Mondariz amosou a súa satisfacción pola aprobación da RPT (Relación de Postos de Traballo), un documento básico para o correcto desenvolvemento das funcións do persoal municipal xa que nel se especifican con claridade as obrigas e dereitos que teñen os traballadores e traballadoras en cada un dos postos do cadro de persoal do Concello. Ademais, a RTP é un documento que lles ofrece garantía aos traballadores, xa que o seu salario vai ser independente dos cambios de Goberno.

Ponteareas a primeira RPT da súa historia e actualiza o convenio pendente dende 1999

O Pleno do Concello de Ponteareas, cos votos a favor dos grupos de Goberno –BNG, PSOE e ARdT–, EU e PP e a abstención de ACiP, aprobou o que se converte na primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) na historia do Concello ponteareán culminando un proceso comezado hai máis de década e media e que os anteriores executivos non foron quen de pechar. A sesión plenaria da Corporación tamén aprobou, por unanimidade, a actualización do convenio colectivo do persoal laboral e o acordo regulador para o persoal funcionario.

Ponteareas pecha o acordo co persoal para contar coa primeira RPT da historia local

O Goberno local de Ponteareas vén de pechar o acordo cos traballadores municipais que permitirá que o Concello conte, por primeira vez na súa historia, cunha Relación de Postos de Traballo (RPT) e actualizar o Convenio Colectivo, sen revisar —ainda que poida parecer mentira— dende o ano 1999. O acordo conta "co máximo apoio sindical" e buscou o máximo consenso entre todos os grupos da Corporación "xa que non é unha cuestión puntual do Goberno actual, senón un problema que se arrastra hai décadas".

CCOO de Ponteareas valora positivamente os acordos acadados en materia de persoal

Comisións Obreiras valorou hoxe "como positivos", os acordos acadados na Mesa Xeral de Negociación do Concello de Ponteareas que aprobou por unanimidade o Convenio Colectivo do persoal laboral e o Acordo Regulador do Persoal funcionario, mentres que a Relación de Postos de Traballo, era aprobada polos votos de CCOO, CIG, Delegados Electos dos Funcionarios e Comité de Empresa, coas abstencións de CSIF e UXT.

EU Ponteareas solicita un Pleno Extraordinario para aprobar a RPT

Logo de que na mañá do pasado venres 21 se chegara a un acordo entre representantes sindicais do Concello de Ponteareas, ESQUERDA UNIDA solicita a celebración dun pleno extraordinario para levar a aprobación canto antes tanto o Convenio de Laborais como o Acordo de Funcionarios e a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello.

Para os sindicatos a RPT de Salceda supón "unha baixada salarial"

As forzas sindicais representantes dos traballadores e traballadoras do Concello de Salceda de Caselas, veñen de facer un comunicado no que queren deixar clara a súa postura sobre as negociacións da RPT logo de que o Goberno local afirmase que “non aceptaban a suba de 200.000 euros na antedita relación de postos de traballo” e, sinalan os sindicatos asinantes ─CSIF, CCOO e CIG─ “acusásesenos e defender intereses persoais”.

MS: "As esixencias dos representantes sindicais imposibilitan a aprobación da RPT en Salceda"

Polo momento, Salceda quédase sen RPT (Relación de Postos de Traballo), logo de que as negociacións entre Goberno (Movemento Salceda) e representantes sindicais rompéranse sen chegar a ningún tipo de acordo. O equipo de Goberno formulaba unha proposta que, segundo o Executivo local "beneficiaba ao 88% da plantilla cun incremento do custo salarial en torno aos 200.000 €", fronte a isto, sinalan "os representantes sindicais do Concello prantexaron 750.000 €".

Mondariz continúa coas xestións para iniciar canto antes o proceso de elaboración da RPT

O goberno de AporM e PSOE do Concello de Mondariz continúa as xestións para iniciar, en breve, o proceso de elaboración dunha Relación de Postos de Traballo (RPT), que permitirá que todos e cada un dos postos de traballo do Concello, estean perfectamente identificados e coas súas características, funcións e salarios “claramente definidos, o que supón unha garantía para todo o persoal municipal”, sinala o alcalde Xoan Carlos Montes Bugarín.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS