Ponteareas recibe, un ano máis, aos nenos e nenas saharauís

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Ensino e Eventos, Cristina Fernández, recibirón hoxe no salón de plenos da Casa do Concello aos nenos e nenas que pasarán o verán en Ponteareas grazas ao programa «Vacacións en paz» promovido pola asociación Solidarieade Galega co Pobo Saharaui. Ata o mes de setembro, nenos e nenas vivirán con familias ponteareás ás que alcalde e tenente de alcalde agradecen a súa xenerosidade.

Monólogo en Mos para recadar fondos para o Sáhara

As familias de Mos que participan no programa «Vacacións en Paz» veñen de organizar un monólogo solidario para recadar fondos para o Sahara. Este evento solidario terá lugar este vindeiro domingo 30 de setembro de 2018 no auditorio do centro Dotacional de Torroso a as 20:00 horas (apertura de portas: 19:30 horas). O artista elixido para encher a sala de risas é o gran Oswaldo Digón actor das noites do club da comedia e de Monólogos 10, entre outras.

  • Publicado en Mos

O alcalde de Nigrán recibe aos participantes no programa «Vacacións en Paz»

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu aos sete nenos saharauís que están pasando este verán no Val Miñor con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán aporta 2.000 euros ao Programa «Vacacións en Paz» de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

  • Publicado en Nigrán

Tomiño recibe aos nenos e nenas saharauís do programa «Vacacións en Paz»

O salón de plenos do Concello de Tomiño acolleu esta mañá un emotivo acto que tivo como protagonistas ás oito nenas e nenos saharauis que están a pasar o verán no Baixo Miño e no Val Miñor grazas ao programa «Vacacións en paz», organizado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. A alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, exerceron de anfitrioas. “Quero dar a benvida aos nenos e nenas, grazas pola visita. Tamén quero agradecer ás familias de acollida a súa xenerosidade”, asegurou a alcaldesa.

  • Publicado en Tomiño

Ponteareas reafirma o seu compromiso co pobo saharauí

O goberno de Ponteareas representado polo alcalde Xosé Represas e a concelleira de Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, recibíu hoxe no salón de plenos ás familias que participan no programa «Vacacións en Paz»  e que acollen a nenos e nenas saharauís grazas ao esforzo e compromiso da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. O Goberno e a asociación veñen de asinar un convenio por valor total de 6.000 € que permitíu o financiamento dos traslados e viaxes destes pequenos e pequenas.

Dara, o único neno saharauí que este verán visita Tomiño

O seu nome é Adahsalama pero todos o coñecen coma “Dara”, porque é máis fácil de pronunciar e recordar. Ten 12 anos e este é o terceiro verán que pasa as súas vacacións en Tomiño; máis concretamente, en Sobrada, na casa de Emilia Acuña Domínguez. Será, este ano, o único rapaz saharauí que poderá alonxarse, en terras tomiñesas, da realidade dos campos de refuxiados do Tinduf.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS