A Xunta 'riza o rizo' no problema da Escola de San Mateo

"Pouco serio e incomprensíbel" foron os cualificativos utilizados pola concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, para definir a postura da Xunta de Galicia que, unha vez máis "cambia os seus criterios para xustificar o peche da Unitaria de San Mateo de Oliveira" un peche ao que o concello ponteareán "opónse frontalmente". O pasado ano, a Xunta pechou o centro porque non se chegaba ao mínimo de 6 matrículas. Para o curso que ven, con 8 matrículas xa confirmadas, a administración cambia o seu criterio e mantén a decisión de peche.

O BNG esixirá no Parlamento que se manteña aberta a escola de San Mateo

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, mantivo un encontro coa comunidade escolar de San Mateo de Oliveira para trasladarlles a proposta que os nacionalistas defenderon hoxe xoves no Parlamento para manter aberta a aula no vindeiro curso 2019/2020 e que sexan aceptadas as solicitudes de escolarización das familias.

Ponteareas mantén aberta a escola de San Mateo

O Concello de Ponteareas mantén aberta a Escola de San Mateo, logo de contratar unha mestra de cara a evitar o peche do centro decidido pola Xunta de Galicia o pasado ano. Amais, para o vindeiro ano acadou unha demanda de 8 prazas, dúas máis que o mínimo esixido pola administración autonómica para manter o centro en funcionamento. A contratación da mestra adoptouse en setembro pasado despois de que a Consellería de Educación decidira retirar o mestre destinado á escola, alegando que a matrícula descendera por debaixo de seis alumnos.

Por que temos que desaproveitar unha ocasión tan idónea?

O problema da escola unitaria de San Mateo de Oliveira é a historia dun «sinsentido». Unha historia case que kafkiana que deixa a nais e pais coa raiba da impotencia e aos nenos e nenas cambiando de colexio, de entorno, ce compañeiros e compañeiras nunha idade en que todos eses elementos teñen unha extraordinaria importancia. Por iso hoxe, dende estas paxinas, deixámosvos unha extraordinaria reflexión de Alberto Vázquez Vilas, portavoz das nais e pais da Unitaria de San Mateo. Pódese dicir máis alto pero, dificilmente, máis claro.

  • Publicado en Opinión

O BNG pon voz no Parlamento ás nais e pais de San Mateo

O BNG, a través do deputado Luís Bará, esixiu hoxe no Parlamento Galego a continuidade da escola unitaria de San Mateo de Oliveira. A día de hoxe, segundo indica o Bloque, “esta escola conta xa con sete alumnos, que continúan asistindo á aula malia a teima do goberno do PP en acabar con ela”.

A Xunta da «a calada por resposta» ás nais e pais de San Mateo

As familias afectadas polo peche da escola unitaria de San Mateo aínda están á espera de resposta á carta enviada ao presidente da Xunta de Galicia e das demandas trasladadas a través do vicepresidente do Goberno galego. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, solicita ao presidente galego "unha resposta inmediata ás demandas destas nais e pais"

Ponteareas reivindica a permanencia da escola de San Mateo

O goberno de Ponteareas apoiará hoxe a manifestación convocada pola FANPO en defensa da permanencia da escola unitaria de San Mateo e do ensino público no rural. A manifestación encabezada polas nais e pais de San Mateo conta co apoio de toda a comunidade educativa e de todos os colectivos sociais, culturais, comunidades de montes, Fundación Zúñiga e veciñanza en xeral que entenden que non se pode retirar das parroquias o servizo básico do dereito ao ensino, e así o reiteraron hoxe respaldando a reivindicación coa falta de asistencia aos colexios.

A FANPO convoca unha manifestación en defensa do ensino no rural

As nais e pais da escola unitaria de San Mateo, pertencente ao CRA (Centro Rural Agrupado) «A Picaraña», e a FANPO veñen de convocar unha manifestación en defensa do ensino no rural, para o vindeiro venres día 21 ás 20 horas dende a Praza Bugallal. Ademais, instan a todas as familias a que, como mostra de protesta e apoio ao ensino no rural, non leven aos seus fillos e fillas de infantil e primaria aos colexios.

Suscribirse a este canal RSS