Éxito de #SanXoanSenLixo, Praia América amence libre de desperdicios

O Concello de Nigrán celebra o éxito da súa primeira campaña municipal de concienciación ambiental #SanXoanSenLixo ao amencer Praia América-Lourido libre de desperdicios, unha imaxe sen precedentes nesta data. Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xenerado, máis dun 90% foi depositado polos usuarios e usuarias nos correspondentes contedores a pé de praia, echéndose por completo as illas de reciclaxe dispostas por vez primeira nas entradas.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inclúe un 'Punto Violeta' no dispositivo especial de San Xoán

O Concello de Nigrán acolleu hoxe a Xunta Local de Seguridade para a noite de San Xoan en Panxón-Praia América, encontro ao que acudíu á delegada do Goberno, Maica Larriba; xunto ao edil de Seguridade, Rubén Rial, e demais representantes dos diferentes entes implicados. Como principais novidades para ese día destacan as dúas campañas de concienciación levadas a cabo polo Concello: a de ‘SanXoanSenLixo’ e outra para a prevención da violencia de xénero durante a noite.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán amplia o prazo para apuntarse como 'brigadista medioambiental' para San Xoán

O Concello de Nigrán amplía ata o venres o prazo para apuntarse como brigadista medioambiental para a noite de San Xoan en Panxón-Praia América. Esta iniciativa forma parte da primeira campaña de concienciación medioambiental dirixida ex-profeso á noite de San Xoan e co obxectivo de que non quede lixo na praia nin chegue ao mar. Os brigadistas, que deben ser maiores de 16 anos.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inclúe na noite de San Xoán, por primeira, vez un hospital de campaña

Á Noite de San Xoán de Nigrán, unha das «noites das fogueiras» máis multitudinarias da provincia, contará este ano cun importante reforzo no dispositivo de seguridade e sanitario. Ante a previsión de que este ano o San Xoán vaia bater récord de participación, ao coincidir na noite do sábado para o domingo,  o Concello de Nigrán acordou na Xunta Especial de Seguridade, instalar un hospital de campaña que contará con con 8 postos completos de atención sanitaria supervisados por un médico, 2 enfermeros e 4 Técnicos de Emerxencia Sanitaria.

 

  • Publicado en Nigrán

Mos abre o 28 de maio as solicitudes para facer fogueiras de San Xoán

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos, que dirixe Cándido Pérez, vén de dar conta de que o vindeiro 28 de maio abrirase o prazo para as persoas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan e/ou San Pedro, dito prazo estará aberto ata o 15 de xuño e dita autorización pódese solicitar no Rexistro Xeral do Concello ou no departamento municipal de Medio Ambiente.

  • Publicado en Mos

Arbo pon en valor a praia fuvial de San Xoán

O Concello de Arbo, continua desenvolvendo traballos de cara a poñer en valor e dotar de mobiliario urbano distintas zonas do Concello, de xeito que poidan ser mellor aproveitadas polos veciños e veciñas. Nesa liña de traballo o Concello recollerá en Meis, distinto mobiliario urbano para a praia fluvial de San Xoán, unha zona de extraordinaria beleza na que se mesturan de xeito case que único o patrimonio cultural, histórico e natural. 

  • Publicado en Arbo

Chapela vive un San Xoan empañado pola traxedia

A Festa de San Xoán, en Chapela, cambiou onte a ledicia polas bágoas e tinguiuse de loito, coa morte dun rapaz que morría na mañanciña de hoxe dun disparo na praia de Arealonga. Os feitos, segundo sinalaba a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, aconteceron "sen que houbera ningún tipo de incidente previo".

Suscribirse a este canal RSS