Vinte empresas presentan ofertas para executar as melloras do saneamento en Sendelle e Ameixeira

Un total de 20 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do sistema de saneamento nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, en Crecente, por un investimento de máis de 523.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, colabora co concello co obxectivo de dotar a estes núcleos de poboación dunha nova rede de colectores, ao non dispor na actualidade dunha rede de saneamento axeitada.

Nigrán pon en funcionamento un saneamento de Vilariño "inoperativo dende 2015"

O Concello de Nigrán vén de por en funcionamento o saneamento dun núcleo de Vilariño, na marxe da Avenida de Portugal, que a antiga Deputación executara no 2015 sen que nunca chegase a estar operativo. O Concello investiu nesta reparación 6.200 € consistentes en por en marcha o bombeo e selar os pozos e colectores, xa que existía un problema de filtracións causantes da súa inoperancia . Deste xeito, unha ducia de casas da contorna poden solicitar xa a acometida ao mesmo en Aqualia.

  • Publicado en Nigrán

Ponteareas adxudica o asfaltado e renovación do saneamento da avenida Rosalía de Castro

O Concello de Ponteareas adxudicou as obras de asfaltado e renovación do saneamento da Avenida Rosalía de Castro. A actuación inclúe tamén a rotonda situada na parte posterior da Casa do Concello e rotonda do Axente Comercial. O importe das obras acada case os 100.000 euros e serán financiadas "con parte do resultado económico positivo do ano 2017 que permite ao Concello dispoñer de recursos económicos para obras e servizos", explica o Goberno local.

Ribadetea reclama solucións urxentes ao deterioro hixiénico-ambiental da parroquia

A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea asemella que comeza a estar farta de boas palabras e reunións baleiras. Nun escrito remitido aos medios de comunicación, a Plataforma sinala que logo información facilitada por Augas de Galicia e publicada nos medios de comunicación o pasado día 24, "condenamos a utilización partidista da realización dunha infraestrutura que é unha necesidade tan básica para o conxunto dos veciños da nosa parroquia".

Nigrán informa das vantaxes de conectarse ao saneamento antes do remate das obras

O Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Nigrán onde se están a rematar as obras de ampliación do saneamento –Lagoíña, Labrego e Xestal en Nigrán e Palomar en Priegue e Nigrán– das vantaxes que implica solicitar a conexión ao mesmo antes de que rematen as obras para facer a acometida nese intre. Mentres duren estes traballos o Concello poderá axilizar a súa tramitación e executar inmediatamente as coñexións, reducíndose considerablemente o custo económico ao non precisar de novas autorizacións nin reposición de elementos.

  • Publicado en Nigrán

A Xunta investirá 2,3 millóns de euros en dúas obras de saneamento en Salvaterra

A Conselleira de Infraestructuras e Medio Ambiento, Ethel Vázquez, e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, asinaron no salón de plenos do Concello, a realización das obras de saneamento de Oleiros e a depuradora do río Mendo cun orzamento de 2,3 millones de euros. As obras que se van a acometer con este orzamento supoñen a construción dunha rede de saneamento na parroquia de Oleiros que conta aproximadamente 500 habitantes e 11 núcleos de poboación.

Ponteareas crea un servizo de baleirado de fosas sépticas no rural sen saneamento

O Concello de Ponteareas disporá dun servizo de baleirado de fosas sépticas nas parroquias que carecen de saneamento municipal. O servizo estará subvencionado de maneira que se reducirá considerablemente o seu custo para os usuarios. Para esa finalidade, o Pleno do Concello celebrado esta semana acordou destinar 55.000 euros do presuposto. Segundo os datos do Concello, actualmente uns 8.000 veciños e veciñas carecen aínda de saneamento en Ponteareas.

Suscribirse a este canal RSS