O Rosal sairá á rúa en defensa da Sanidade Pública

O progresivo empeoramento do sistema de sanidade pública que se en Galicia afecta, especialmente, aos municipios do rural e O Rosal non se escapa a este problema que as autoridades sanitarias non parecen saber, –ou querer– atallar. O videiro martes 23 de xullo está convocada unha concentración na Praza do Calvario do Rosal, ás 20:30 h á que poderá asisitir toda a veciñanza, e na que a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís exporá os motivos polos que o Rosal precisa de unha mellor asistencia sanitaria

  • Publicado en O Rosal

A Deputación súmase ás reinvindicacións de «SOS Sanidade»

A Deputación de Pontevedra insistirá na defensa "dunha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade" e por iso Carmela Silva trasladoulle hoxe a SOS Sanidade Pública que “desde o Goberno desta institución provincial imos prestar todo o apoio que merece á plataforma en defensa da sanidade pública porque é o dereito máis fundamental das nosas persoas”.

'Pediatría Colapsada' pide ao Pleno que, unanimemente, esixa solucións para o Centro de Saúde

A plataforma 'Pediatría colapsada e inaccesible' de Salceda de Caselas, vén de pedir aos tres grupos con representación na Corporación Municipal que, na convocatoria dun Pleno Extraordinario, apróbese novamente a cesión dos terreos para o novo Centro de Saúde á Xunta de Galicia e que se adopten todas as medidas necesarias, incluído un convenio de colaboración co Sergas, que dean como froito a solución a preocupante situación que vive a sanidade pública no muncipio.

Suscribirse a este canal RSS