A praia da Freixa conta durante os meses de verán co servizo de socorrismo

Os socorristas contratados polo Concello de Ponteareas para velar pola seguridade dos bañistas da Freixa durante os meses de verán traballan xa dende a pasada semana na praia fluvial ponteareá. A contratación deste servizo de socorrismo, que estará activo os sete días da semana para contribuir no benestar de todos e todas os que se acheguen a desfrutar deste espazo natural, prodúcese grazas a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que se completa con fondos propios do concello de Ponteareas.

A Mancomunidade do Val Miñor convoca a contratación de 18 postos de socorrismo

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, a través do seu presidente Juan González, publicou onte no BOP o inicio do proceso de selección para contratar a 18 socorristas máis de cara a tempada de verán nas praias da comarca. Ademais, hai 12 en proceso de selección a través do Servizo Público de Emprego de Baiona (un máximo de 8 deles serán financiados a través dunha subvención da Xunta de Galicia). O obxectivo é contar cun total de 30 socorristas que den servizo nos areais de Nigrán e Baiona entre o 1 de xullo e 31 de agosto.

  • Publicado en Nigrán

Incorpórase un novo axente ao cadro de persoal da Policía Local de Ponteareas

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, vén de dar conta da incorporación dun novo axente da Policía Local que pasará a engrosar o cadro de persoal da Policía local ponteareá. O novo axente iniciará agora a súa formación na Academia Galega de Seguridade. A responsable de seguridade cidadá adiantou que abrirase o prazo para cubrir duas prazas de mobilidade "de xeito que calquera Policía Local de outros concellos que queira vir desprazado para prestar os seus servizos en Ponteareas, pode solicitalo".

A veciñanza de Areas, Arnoso e Xinzo esixe solucións á seguridad da N-120

Onte 12 de abril as veciñas e veciños de Areas, Arnoso e Xinzo, parroquias atravesadas pola N-120, dixeron "basta xa". Aseguran estar cansos "de tanta tomadura de pelo por parte de Fomento", así que botáronse á rúa cargados de cruces que, tristemente, lembraban aos mortos que se producen todos os anos nunha vía que cruza tres das parroquias máis densamente poboadas do municipio.

A Guarda abre a inscrición para un curso sobre uso seguro de internet

A Concellería de Educación do Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para un Curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos. O Curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00 h a 22:00 h na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda.

Redondela solicita á Policía Nacional un informe sobre o Plan de Seguridade

O alcalde de Redondela, Javier Bas, mantivo esta mañá un encontro co Comisario Xefe da Brigada Local de Seguridade Cidadá e o Inspector Xefe da comisaría Vigo-Redondela para coñecer con máis detalle a situación á que se enfrontarían os policías que están destinados en Redondela. Bas, pediu explicacións aos responsables da Policía Nacional sobre os cambios que propoñerían no caso de que se fixese este traslado.

O alcalde de Redondela considera "inadmisible" que deixen a Redondela sen comisaría

O alcalde de Redondela, Javier Bas, reuniuse cos representantes da SUP de Vigo- Redondela esta mañá no Concello para tratar con eles a nova situación á que se enfronta o corpo da Policía Nacional na vila. Tras o encontro mantido esta mañá o rexedor de Redondela fíxolles saber aos representantes da Policía que os apoia en todas e cada unha das reivindicacións e que “fará os trámites que sexan posibles para que Redondela non quede sen os servizos que lle corresponden como cuarto municipio da provincia. É inadmisible que nos deixen sen comisaría”, sinalou.

Suscribirse a este canal RSS