A Deputación aposta por "recuperar a seguridade viaria, mobilidade peonil e espazos públicos"

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a xente”.

Mos aposta pola seguridade infantil nos vehículos

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos organizou hoxe, en colaboración coa Policía Local, unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil nos vehículos que tivo lugar esta mañá no Centro de Saúde de Mos, no Rebullón. No encontro a Policía explicou que “cada día, nas nosas estradas, prodúcense accidentes de tráfico que teñen consecuencias fatais para os menores debido ó uso inadecuado dos sistemas de retención ou a falta dos mesmos".

  • Publicado en Mos

A Deputación inicia a obra da nova glorieta de Cristelos en Tomiño

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará esta semana as obras de construción dunha glorieta para resolver a situación de inseguranza viaria que existe na intersección de Cristelos, no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial EP-3101 dentro do Concello de Tomiño. Ademais da construción da rotonda para regular o tráfico, instalaranse tamén elementos redutores de velocidade, delimitarase unha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, e construiranse novos servizos de alumeado e drenaxe.

  • Publicado en Tomiño

Máis dun cento de ciclistas, nas 'I Xornada de seguridade viaria no ciclismo'

Respectamos as normas?, sabemos o risco que corremos?, temos empatía co resto dos usuarios da estrada?, mellor máis guapo ou máis seguro?... son algunhas das reflexións que todos os participantes consideraron onte na 'I Xornada de Seguridade Viaria no Ciclismo' celebrada no Auditorio Municipal de Ponteareas e organizada pola Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández.

Máis de 380.000 € para mellorar a seguridade peoníl na estrada de Guláns

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu conta da aprobación polo Pleno da sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra para a mellora da estrada E.P. 4004 que da acceso ao CEIP Feliciano Barrera de Guláns, á igrexa e ao cemiterio. Este convenio supón un investimento total de 382.858,96 €, o 80% do orzamento, 306.287,17 €, será aportado pola Deputación e pola súa parte o concello de Ponteareas investirá 76.571,79 € para as obras desta estrada.

Nigrán disconforme coa resposta da Xunta ás alegacións do proxecto da PO-552

O Concello de Nigrán pediu oficialmente esta mañá "unha reunión urxente" coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda tras coñecer a súa resposta ás alegacións realizadas ao proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-552 (puntos quilométricos 10+600 a 13+800). Estas alegacións fixéronse precisamente co consenso unánime de toda a Corporación en febreiro de 2018 sen recibir resposta algunha ata hoxe.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS