A Guarda gaña enteiros como destino turístico de Semana Santa

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo das vacacións de Semana Santa cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da variada gastronomía do municipio, o seu patrimonio, a súa oferta cultural e unhas inigualables paisaxes.

Nigrán abre o prazo do campamento de conciliación de Semana Santa

Dende o luns está aberto en Nigrán o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa que se desenvolverá entre los días 15 y 19 de abril no pavillón de Panxón cun horario de 9:30 a 14:30 horas. A actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos, só para empadroados e terán prioridade as familias con dificultades para a conciliación laboral e familiar (familias monoparentais onde o pai ou nai traballen, familias numerosas, familias onde traballen os dous pais....)

  • Publicado en Nigrán

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa

Oia acollerá un campamento infantil os próximos días 15,16,17 e 22 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar coa colaboración do Concello de Oia.

  • Publicado en Oia

Ponteareas promocionará as alfombras florais do Corpus na Semana Santa de Braga

O venres 30 e o sábado 31 os milleiros de visitantes que participarán na Semana Santa de Braga, unha das máis tradicionais e fermosas de Portugal, terán a oportunidade de gozar dunha mostra de arte floral do Corpus de Ponteareas. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, reuníronse co vereador de Turismo da cámara de Braga, Altino Bessa, para acordar os actos de promoción que Ponteareas realizará dentro das actividades programadas para a Semana Santa de Braga.

Máis de 600 campistas de España e Portugal visitan á Guarda nesta Semana Santa

Un total de 649 persoas procedentes de tódalas Comunidades Autónomas españolas e Portugal están estes días a gozar das súas vacacións de Semana Santa no Camping Santa Tecla da Guarda, no marco da 60ª Acampada Nacional da Federación Española de Clubs Campistas (FECC). O encontro, organizado polo Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo, permite aos visitantes coñecer os numerosos atractivos turísticos e culturais que ofrece A Guarda.

A Cruz Vermella de Ponteareas organiza o seu tradicional Campamento Urbano de Semana Santa

O próximo 26 de marzo dará comezo unha nova edición do Campamento Urbano que a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado vén de organizar para máis de 30 nenos e nenas do municipio. Ao longo de tres días, 26, 27 e 28 de marzo en horario de 10:30 h a 13:30 h e de 16:30 a 18:30 h, rapaces e rapazas participarán en multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de sendeirismo, o gran xogo, manualidades e cancións.

Salvaterra pon en marcha o programa de conciliación familiar «Semana Santa 2018»

O Concello de Salvaterra de Miño vén de poñer en marcha unha nova edición do Programa de Conciliación Familiar para as vacacións de Semana Santa, unha iniciativa que se enmarca dentro das liñas a desenvolver dentro do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2018-2022, e que foi presentado pola primeira tenente de alcalde Marta Valcárcel Gómez.

Suscribirse a este canal RSS