Mos aposta pola seguridade infantil nos vehículos

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos organizou hoxe, en colaboración coa Policía Local, unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil nos vehículos que tivo lugar esta mañá no Centro de Saúde de Mos, no Rebullón. No encontro a Policía explicou que “cada día, nas nosas estradas, prodúcense accidentes de tráfico que teñen consecuencias fatais para os menores debido ó uso inadecuado dos sistemas de retención ou a falta dos mesmos".

  • Publicado en Mos

A Policía Local de Ponteareas impartiu hoxe unha charla sobre seguridade infantil nos vehículos

A Policía Local de Ponteareas impartiu hoxe unha charla sobre a correcta utilización dos sistemas de retención infantil (RSI) nos vehículos dirixida, fundamentalmente, a pais, nais e futuras nais. A actividade tivo como obxectivo, non só poñer en coñecemento das e dos asistentes a normativa existente ao respecto, senón tamén informarlles sobre a correcta instalación destes sistemas para que sexan eficaces.

Charla sobre Sistemas de Retención Infantil en Mos

O auditorio Multiusos  de Mos foi escenario dunha charla de formación en Sistemas de Retención Infantil  nos vehículos(SRI) organizada pola Concellería de Educación en colaboración coa Cruz Vermella.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS