Baiona adhírese ao programa de compostaxe doméstica de Sogama

O Concello de Baiona dispón de tres centros de compostaxe domiciliaria que xa están a funcionar hai varios anos e para seguir na liña da compostaxe e así xerar menos residuos na rúa, acaba de adherirse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, ao que xa están adscritos 180 concellos das 4 provincias galegas, e que pon ao dispor dos concellos galegos composteiros individuais.

  • Publicado en Baiona

Charla sobre compostaxe en Nigrán

Mañá martes, o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá, a partir das 18:30 horas, un mini curso de compostaxe (de unha hora de duración aproximadamente) onde se lles explicará como facer compost e un especialista resolverá as súas dúbidas. A actividade chega a Nigrán a través do programa 'Compostaxe doméstica de Sogama'.

  • Publicado en Nigrán

O Multiusos da Xunqueira acolle, o mércores, unha charla sobre compostaxe

O vindeiro mércores 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, a charla sobre a compostaxe, iniciativa que correrá a cargo de persoal da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), e na que os presentes, que con anterioridade se inscribiron nesta actividade, recibirán un composteiro.

O Concello de Tomiño sube as taxas do lixo para axustalas ao servizo

O Concello de Tomiño modificará á alza taxa de recollida, tratamento e eliminación de lixo que abonan os veciños e veciñas para axustarla  aos custes actuais do servizo. Segúndo o goberno local, a nova taxa prevé excepcións no pago para familias que o necesiten e mellorará o tratamento das empresas.

  • Publicado en Tomiño

O Concello de Ponteareas organiza unha visita guiada a Sogama

O Concello de Ponteareas, a través do servizo de Voluntariado Municipal, vén de organizar unha interesante visita ás instalacións de Sogama, co fin de dar a coñecer de preto, a labor que desenvolve esa instalación e concienciar aos participantes na importancia da reciclaxe.

Suscribirse a este canal RSS